Ao presente aviso legal (en adiante, o "Aviso Legal") sométese o uso do portal de Internet www.renfe.com (en adiante, o "Portal").
O uso do Portal é gratuíto para os Usuarios. Non obstante o anterior, algúns dos servizos subministrados por Renfe Viajeros ou contratados a través do Portal están suxeitos ao pagamento dun prezo na forma que se determine nas correspondentes condicións xerais e particulares.
Con carácter xeral, a prestación dos servizos non esixe a previa subscrición ou rexistro dos Usuarios. Non obstante, Renfe Viajeros condiciona a utilización ou contratación dalgúns dos servizos á previa cumprimentación do correspondente rexistro de Usuario. O devandito rexistro efectuarase na forma expresamente indicada no propio servizo ou nas condicións xerais e particulares que o regulen.
O Usuario comprométese a utilizar o Portal, os servizos e os contidos postos ao dispor dos Usuarios no Portal de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, as condicións xerais ou particulares de certos servizos e demais avisos e instrucións postos en coñecemento do Usuario, así como coa moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública. Para tal efecto, o Usuario absterase de utilizar calquera dos servizos ou dos contidos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste Aviso Legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir (hacking ou pirataría informática) a normal utilización dos servizos, dos equipos informáticos ou dos documentos, ficheiros e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático de Renfe Viajeros, doutros usuarios do Portal ou de Internet.
Renfe Viajeros resérvase a posibilidade de exercer as accións pertinentes contra os Usuarios que violen ou infrinxan o compromiso indicado no parágrafo precedente.
É posible que Renfe Viajeros lle facilite acceso a outras páxinas web que poidan considerarse do seu interese. O obxectivo destas ligazóns é unicamente facilitarlle a busca dos recursos que lle poidan interesar a través da Internet. Non obstante, esas páxinas non pertencen a Renfe Viajeros, nin Renfe Viajeros fai unha revisión dos seus contidos e, xa que logo, non se pode facer responsable dos mesmos, do funcionamento da páxina enlazada ou dos posibles danos que poidan derivar do seu acceso ou uso.
Non se permitirá a ligazón de ningunha páxina web ou dun enderezo de correo electrónico ao Portal, agás coa autorización expresa por escrito de Renfe Viajeros.
Adicionalmente, as devanditas ligazóns deberán respectar as seguintes condicións:
En calquera momento, Renfe Viajeros poderá retirar a autorización, sen necesidade de alegar ningunha causa. En tal caso, a páxina que realizara a ligazón deberá proceder á súa inmediata supresión, tan pronto como reciba a notificación da revogación da autorización por parte de Renfe Viajeros.
Renfe Viajeros prohibe expresamente a terceiros que apliquen frames ou a utilización de calquera outro mecanismo que altere o deseño, a configuración orixinal ou os contidos do seu Portal.
Renfe Viajeros cumpre co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD) e coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD). Podes consultar a política de privacidade de Renfe Viajeros aquí: Política de privacidade Renfe Viajeros
Tanto o deseño do Portal e os seus códigos fonte coma os logos, marcas, debuxos, modelos e demais signos distintivos que aparecen no mesmo pertencen a Renfe Operadora, a Renfe Viajeros ou ás súas entidades colaboradoras e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial. Os contidos do Portal están igualmente protexidos por dereitos de propiedade intelectual de Renfe Operadora, de Renfe Viajeros ou de terceiros. O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, posta a disposición, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga queda totalmente prohibida, agás que medie expresa autorización de Renfe Operadora ou de Renfe Viajeros ou que o devandito uso se produza estritamente nos termos derivados da contratación dos servizos ofrecidos a través do Portal. Renfe Operadora e Renfe Viajeros resérvanse o dereito a exercer as accións que correspondan contra os Usuarios que violen ou infrinxan os seus dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
Uso do Portal: O acceso ao Portal e o seu uso correcto son responsabilidade do Usuario, non sendo responsables nin Renfe Operadora nin Renfe Viajeros polo uso incorrecto, ilícito ou neglixente que puidese facer o Usuario.
Renfe Operadora e Renfe Viajeros non asumen ningunha responsabilidade respecto do uso ou acceso que realicen os Usuarios fóra do ámbito ao que se dirixe o Portal, cuxa responsabilidade final recaerá sempre sobre o Usuario.
O Usuario que actúe contra a imaxe, bo nome ou reputación de Renfe Operadora ou Renfe Viajeros, así como quen utilice ilícita ou fraudulentamente os deseños, marcas, logos ou contidos do Portal, será responsable fronte a Renfe Operadora ou Renfe Viajeros da súa actuación, segundo corresponda en cada caso. Polo tanto, o Usuario deberase abster de obter ou intentar obter informacións, logos, tons, imaxes, debuxos, marcas, ficheiros de son e calquera outro material sonoro ou gráfico accesible a través do Portal, empregando mecanismos distintos dos indicados neste Aviso Legal e no Portal.
Virus: Renfe Operadora e Renfe Viajeros comprométense a aplicar todas as medidas necesarias para intentar garantirlle ao Usuario a ausencia de virus, vermes, cabalos de Troia e elementos similares no Portal. Non obstante, estas medidas non son infalibles e, xa que logo, Renfe Operadora e Renfe Viajeros non poden asegurar totalmente a ausencia dos devanditos elementos nocivos. En consecuencia, Renfe Operadora e Renfe Viajeros non serán responsables dos danos que calquera destes elementos puidese ocasionarlle ao Usuario.
Fallos tecnolóxicos: Renfe Operadora e Renfe Viajeros realizarán os seus mellores esforzos para que o Portal non sufra interrupcións, pero non poden garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel e, en consecuencia, non asumen responsabilidade ningunha polos danos e perdas que se poidan xerar pola falta de dispoñibilidade e polos fallos no acceso ocasionados por desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede non imputables a Renfe Operadora ou a Renfe Viajeros.
Erros na contratación: O Usuario será responsable da exactitude da información facilitada nos procesos de contratación. Renfe Viajeros non asumirá ningunha responsabilidade por erros derivados de datos incorrectos introducidos polo usuario, nin por erros cometidos polo Usuario durante o proceso de contratación, que poidan levar á denegación do produto ou servizo contratado.
A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este Aviso Legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos deste Portal, será a lei española.