Renfe Viajeros, SME, S.A. (en adiante, Renfe Viajeros) é a responsable do tratamento dos datos persoais recollidos polos sistemas de videovixilancia.
Se ten algunha dúbida sobre o tratamento dos seus datos persoais, pode dirixirse ao Delegado de Protección de Datos no seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@renfe.es.
O tratamento dos datos relacionados co sistema de videovixilancia, que se complementa, á súa vez, co sistema de análise de vídeo, é necesario para a satisfacción:
Os sistemas de videovixilancia fixa unicamente tratan imaxes de vídeo.
Cando se activan, os dispositivos de gravación móbiles portados polos vixiantes de seguridade privada captarán e gravarán imaxes e audio.
Os datos biométricos non se tratan baixo ningunha circunstancia.
Só acceden ás gravacións dos sistemas de videovixilancia e á información xerada polo sistema de videoanálise o persoal de seguridade de Renfe Viajeros e o persoal de seguridade privada pertencente a terceiras empresas, que, actuando como encargados do tratamento, cumpren con todas as esixencias legais e prestan servizos a Renfe Viajeros.
Non obstante, poderanse comunicar os seus datos ás autoridades competentes, xuíces e tribunais, cando Renfe Viajeros teña a obriga legal de facilitalos.
Non se realizan transferencias internacionais e os datos persoais non se transmiten a Estados que non pertenzan á Unión Europea nin a organizacións internacionais.
Ten dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais. Así mesmo, poderá solicitar a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Pode exercer os seus dereitos enviando unha solicitude ao enderezo de correo electrónico dereitos.viaxeiros@renfe.es.
Así mesmo, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos se considera que Renfe Viajeros, como consecuencia do tratamento dos seus datos persoais, vulnerou os seus dereitos de acordo coa normativa aplicable.
As imaxes gravadas conservaranse durante un prazo máximo dun mes dende a súa captación, agás cando se teñan que conservar para acreditar a comisión de actos que atenten contra a integridade de persoas, bens ou instalacións.
As imaxes tratadas polo sistema de analítica de vídeo só se conservan durante o tempo estritamente necesario para o seu procesamento, que se realiza en cuestión de milisegundos. Posteriormente, elimínanse de maneira irreversible do sistema.
Non, Renfe Viajeros non utiliza os datos persoais tratados polos seus sistemas de videovixilancia para a elaboración de perfís nin para a toma de decisións individuais automatizadas que produzan efectos xurídicos sobre vostede.
Os seus datos persoais non serán tratados para ningunha outra finalidade que non sexa aquela para a que foron obtidos.