De acordo cos termos do Real Decreto 1575/1989 do 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Seguro Obrigatorio de Viaxeiros, Renfe Viajeros S.M.E, S.A. ten contratado coa empresa EVEREST INSURANCE (IRELAND) DAC, sucursal en España, un seguro obrigatorio de accidentes para os viaxeiros, co fin de indemnizar a estes ou a calquera que teña dereitos sobre eles, cando sufran danos corporais, en accidente que teña lugar con ocasión de desprazamentos por medio do transporte ferroviario que RENFE realiza, sempre que concorran as circunstancias establecidas no citado Regulamento.
Esta cobertura ampliouse para os accidentes que sufran os viaxeiros nas estacións xestionadas por Renfe Viajeros S.M.E, S.A.
Consulta toda a información sobre seguros de viaxeiros
Nas distintas opcións, os viaxeiros poden cubrir os Formularios de Notificación de Accidentes (FNAV) en función da data de accidente. Por unha banda, a través da aseguradora AIG Europe S.A., sucursal en España, xestiónanse os accidentes acaecidos antes do 31.12.2024 e, por outra banda, a través de EVEREST INSURANCE (IRELAND) DAC, sucursal en España, tramítanse os accidentes acaecidos desde o 01.01.2025.
Ámbalas dúas compañías son as responsables de tramitar as reclamacións do seguro obrigatorio de viaxeiros correspondentes.