Con este servizo poderás recibir mensaxes de WhatsApp no teu teléfono para manterte informado sobre o estado da circulación dos trens que desexes.
É moi sinxelo. Subscríbete na seguinte ligazón. Terás que introducir e verificar o número de teléfono a través do cal queres recibir as mensaxes de WhatsApp. Se xa es cliente rexistrado de Renfe, o sistema recoñecerá o número de teléfono da túa conta.
Unha vez realizado o rexistro, podes seleccionar os servizos sobre os que queres recibir información (Media Distancia e/ou Proximidade). Tamén deberás elixir a zona ou ámbito que queres consultar e a liña a que te queres subscribir.
Poderás elixir os días da semana e a franxa horaria dos servizos dos que queres recibir información. Podes activar ou desactivar as notificacións segundo as túas preferencias e tamén podes darte de baixa e eliminar os avisos. Poderás subscribirte a tantas liñas como desexes.
Este servizo está dispoñible de forma inicial para:
- Os servizos de Media Distancia de Miranda de Ebro-Vitoria-Alsasua.
- O servizo de Proximidade de Palma del Río-Córdoba-Villa del Río.
Próximamente ampliaremos este sistema a máis servizos do territorio nacional.
Non, este servizo non ten ningún custo para ti, é totalmente gratuíto e ademais é complementario á información que te ofrecemos a través das canles de difusión de Cercanías de WhatsApp.