Dende o ano 2006, o Núcleo de Cercanías de Asturias dispón da Certificación de Calidade segundo a norma UNE-EN 13816:2003 (Transporte público de pasaxeiros), norma que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo, e coa correspondente Carta de Servizos que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer aos clientes e ao público en xeral a través da páxina web de Renfe.
Os resultados do ano 2023 estiveron, en termos xerais, dentro dos parámetros esixidos pola norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Cumprimento da Oferta Xeral do Servizo.
O servizo de trens nas tres liñas adáptase ás necesidades e expectativas dos nosos clientes segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes realizada no mes de novembro de 2023. Nas liñas C1 (7,65), C2 (8,02) e C3 (7,53), o nivel de satisfacción obtido cumpre co compromiso de que a diferenza entre a satisfacción e a expectativa non supere o 10 %.
Grao de ocupación.
A totalidade dos usuarios realizou a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 pasaxeiros de pé por metro cadrado segundo os datos do estudo de capacidade realizado en novembro de 2023.
Accesibilidade interna: mantemento.
Os usuarios atoparon os dispositivos mecanizados para salvar barreiras nas estacións en pleno funcionamento nunha porcentaxe do 99,17 % na liña C1; 98,77 % na C2 e 99,22 % na C3.
Emisión de billetes: adquisición na rede.
O 97,37 % dos usuarios da liña C1, o 91,81 % na liña C2 e o 95,11 % na C3 puideron adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa fose en despachos de billetes ou en máquinas autovenda.
Información en trens e estacións:
Os viaxeiros atoparon no 99,50 % dos trens, e no 99,99 % das estacións da liña C1, no 91,56 % da C2 e no 91,60 % da C3 a información necesaria sobre o servizo ofrecido, que foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 91,50 % dos trens da liña C1, o 91,67 % dos da liña C2 e, así mesmo, o 90,03 % dos da liña C3 chegaron a tempo ao seu destino.
O cumprimento da oferta comercial considérase pola porcentaxe de trens que chegan ao destino con 3 minutos ou menos de atraso, considerándose os trens suprimidos ou non circulados como chegados con máis de 3 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes, realizada no mes de novembro de 2023, a percepción global dos clientes sobre o servizo prestado alcanzou unha valoración alta: 7,62 para a liña C1; 7,97 para a liña C2 e 7,64 para a liña C3.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 53,56 % das reclamacións da liña C1, o 52,20 % da C2 e o 50,07 % da C3 foron contestadas nun prazo non superior a 20 días.
Actitude comercial e aparencia.
Os viaxeiros recibiron un trato respectuoso e cordial segundo os datos das enquisas de satisfacción dos clientes, que outorgaron unha valoración de 8,32 na liña C1, 9,93 na C2 e 8,39 na C3.
Asistencia.
En caso de incidencia que provoque unha interrupción do servizo, existe un protocolo establecido para informar e axudar aos viaxeiros na medida do posible.
Condicións ambientais: climatización.
O 98,44 % dos clientes viaxaron coa climatización adecuada, garantíndose o confort no interior do tren.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e os trens cun grao de limpeza axeitado e satisfactorio segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes realizada en novembro de 2023, obtendo a limpeza dos trens as seguintes valoracións nunha escala de 0 a 10: 8,10 na liña C1; 8,05 na liña C2 e 8,07 na liña C3; e a limpeza das estacións as seguintes: 7,52 na liña C1; 7,58 na liña C2 e 7,54 na liña C3.
Telecomunicacións: interior do tren.
A funcionalidade dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens estivo asegurada en máis do 98,75 % dos desprazamentos.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens como nas estacións, a sensación de seguridade fronte á delincuencia supera as expectativas dos viaxeiros nas tres liñas, segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes, que valoraron a liña C1 cun 7,46, a liña C2 cun 7,73 e a liña C3 cun 7,57. O nivel de satisfacción obtido cumpre co compromiso de que a diferenza entre a satisfacción e a expectativa non supere o 10 %.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos nos seus desprazamentos por un Plan de Emerxencia actualizado periodicamente.
Consumo enerxético.
Dispóñense de Indicadores Ambientais sobre xestión do servizo, en particular sobre consumo de enerxía, que se dan a coñecer anualmente a través da web de Renfe, e que permiten, entre outros aspectos, realizar un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible.