Desde o ano 2005, o Núcleo de Cercanías de Bilbao conta coa Certificación de Calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), unha norma que establece unha serie
de criterios e niveis de calidade do servizo, asociados á Carta de Servizos, tamén certificada, que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer aos clientes e ao público en xeral a través da páxina web de Renfe.
Os resultados en 2021 estiveron, en xeral, dentro dos parámetros esixidos pola Norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Oferta xeral do servizo.
A oferta xeral de trens adáptase ás necesidades e expectativas dos clientes segundo os resultados obtidos na Enquisa de Calidade Percibida de 2021. O nivel de satisfacción acadado cumpre co compromiso de non superar o 10 % de diferenza entre a satisfacción e a expectativa dos clientes nas liñas C-1 e C-3, cun lixeiro descenso nas valoracións dos clientes polo servizo ofrecido na liña C-2.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios realizaron a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros de pé por metro cadrado, segundo os datos do estudo anual de capacidade. A valoración do espazo de que dispón o cliente no interior do tren foi de 7,45 sobre 10 na Enquisa de Calidade Percibida de 2021, aumentando en 0,13 puntos con respecto ao ano 2019.
Accesibilidade interna: mantemento.
Máis do 98,51 % dos usuarios atoparon dispoñibles e totalmente operativos os dispositivos mecanizados (ascensores, ramplas, escaleiras mecánicas e controis de acceso) para superar barreiras nas estacións.
Emisión de billetes: adquisición na rede e validación.
O 100% dos usuarios das liñas C1 e C2 puideron adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa fose en despachos de billetes ou en máquinas de autovenda, e un 99,48% no caso dos usuarios da liña C3.
Información en trens e estacións:
O 99,98 % dos Viaxeiros das liñas C1, C2 e C3 atoparon nos trens que prestan o servizo a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
O 100 % dos viaxeiros puido consultar nas estacións de todas as liñas a información necesaria sobre o servizo ofertado, que tamén foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 97,58 % dos trens da liña C1, o 90,88 % dos da liña C2 e o 96,18 % dos da liña C3 chegaron a tempo ao seu destino. Considérase que se cumpre a oferta comercial cando a porcentaxe de trens chegados ao destino, con 3 minutos ou menos de atraso, é superior ao 98 %, incluíndo os trens suprimidos ou non circulados, que se contabilizan como chegados con máis de 3 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos das Enquisas de Calidade Percibida por liñas de 2021, a valoración global sobre 10 é de 7,05 para a C1, 6,30 para a C2 e 6,56 para a C3. As liñas C1 e C3 cumpren o compromiso cos clientes.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 89,69 % das reclamacións foron contestadas nun prazo menor a 20 días. O aumento do prazo de resposta das reclamacións débese a que o seu número medrou exponencialmente debido á tramitación do reintegro dos billetes e abonos non utilizados con motivo da pandemia.
Atención ao cliente: Dispoñibilidade nas estacións.
O 100 % dos viaxeiros tiveron acceso ao horario garantido de atención persoal ao público, nas estacións nas que está establecido.
Condicións ambientais: climatización.
Máis do 99,03 % dos clientes das tres liñas viaxaron coa climatización adecuada, garantíndose o confort no interior do tren.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e trens cun grao de limpeza axeitado e satisfactorio. A valoración dos Viaxeiros nos trens, segundo os datos da Enquisa de Calidade Percibida de 2021, é de 8,23 na Liña C1, 7,85 na Liña C2 e 7,21 na Liña C3, todas superiores ao valor comprometido. Nas inspeccións periódicas realizadas, alcánzase a puntuación máxima (10). A limpeza nas estacións foi valorada polos clientes cun 8,02 na C1, 7,25 na C2 e un 7,01 na C3, sendo o nivel de esixencia 7 e considerándose fóra das expectativas do cliente calquera valor inferior a 6 sobre 10.
Telecomunicacións: interior do tren.
A funcionalidade dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens asegurouse no 99,78 % dos desprazamentos nas liñas C1, C2 e C3.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens como nas estacións, a percepción de seguridade ante a delincuencia obtida na Enquisa de Calidade Percibida de 2021 supera as expectativas dos viaxeiros en todas as liñas: 6,63 na Liña C1, 6,06 na C2 e 5,88 na C3, cumprindo o compromiso de que a diferenza entre a satisfacción e a expectativa non supere o 10 % establecido.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos nos seus desprazamentos por un Plan de Emerxencia actualizado periodicamente e visible a indicación de actuación en caso de emerxencia, tanto nos trens como nas estacións, incluíndo un plano a tal efecto.
Consumo enerxético.
Disponse de indicadores ambientais sobre a xestión do servizo, especialmente relativos ao consumo de enerxía, que se dan a coñecer anualmente a través da web de Renfe e que permiten, entre outros aspectos, facer un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír ao desenvolvemento sostible.