Dende o ano 2005 o Núcleo de Cercanías de Bilbao conta coa certificación de calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), norma que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo, asociada á Carta de Servizos, tamén certificada, que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer a clientes e público en xeral a través da Web de Renfe.
Os resultados en 2023 estiveron, en xeral, dentro dos parámetros esixidos pola Norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Oferta xeral do servizo.
A oferta xeral de trens adáptase ás necesidades e expectativas dos clientes segundo os resultados obtidos na Enquisa de Calidade 2023. O resultado obtido para cada unha das liñas foi de 6,25 para a C-1, 6,48 para a C-2 e 6,37 para a C-3. As liñas C-2 e C-3 superan o Nivel de Exixencia, e a liña C-1 obtén unha puntuación moi próxima ao Nivel de Exixencia pero por debaixo del.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios realizaron a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros de pé por metro cadrado, segundo os datos do estudo anual de capacidade.
Accesibilidade interna: mantemento.
Máis do 98,31 % dos usuarios atoparon os dispositivos mecanizados (ascensores, ramplas e escaleiras mecánicas) para salvar barreiras nas estacións, dispoñibles e en pleno funcionamento.
Emisión de billetes: adquisición na rede e validación.
O 100 % dos usuarios da liña C1, o 100% da liña C2, e o 99,48 % da C3 puideron adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa fose en despachos de billetes ou en máquinas autovenda. O 99,21 % dos Viaxeiros da liña C1, o 99,33 % da liña C2 e o 99,58 % da liña C3 poden validar os seus billetes antes e despois da viaxe.
Información en trens e estacións:
O 100% dos clientes do Núcleo de Bilbao atoparon nos trens cos que se presta o servizo a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
O 100 % dos viaxeiros puido consultar nas estacións de todas as liñas a información necesaria sobre o servizo ofertado, que tamén foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 93,27 % dos trens da liña C1, o 88,23 % dos da liña C2 e o 73,07 % dos da liña C3 chegaron a tempo ao seu destino. Considérase que se cumpre a oferta comercial cando a porcentaxe de trens que chegan ao destino, con 3 minutos ou menos de atraso, é superior ao 98 %, incluíndo os trens suprimidos ou non circulados, que se consideran como chegados con máis de 3 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos das Enquisas de Satisfacción de Clientes por liñas, a valoración global sobre 10 é de 7,24 para a liña C1, 6,57 para a C2 e 6,62 para a C3. A liña C-1 está por enriba do Nivel de Exixencia e as liñas C-2 e C-3 obteñen un valor lixeiramente por baixo do Nivel de Exixencia, pero sen chegar a superar a Situación Inaceptable.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 27,96 % das reclamacións foron respondidas en menos de 20 días. O aumento do tempo de resposta ás reclamacións débese a que o seu número aumentou exponencialmente debido á tramitación do reintegro dos billetes e abonos recorrentes. A isto hai que engadirlle que la tramitación de Reclamacións sufriu un cambio no sistema operativo de control.
Atención ao cliente: Dispoñibilidade nas estacións.
O 99,99 % dos viaxeiros tiveron acceso ao horario garantido de atención persoal ao público, nas estacións nas que está establecido.
Condicións ambientais: climatización.
Máis do 99,84 % dos clientes das liñas C-1 e C-2 viaxaron coa climatización axeitada, garantindo así a comodidade no interior do tren. Na C-3 foron do 99,53 %.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e trens cun grao de limpeza axeitado e satisfactorio. A percepción dos Viaxeiros nos trens, segundo os datos da Enquisa de Calidade Percibida de 2023, é de 7,87 na liña C-1, 7,81 na liña C-2 e 7,80 na liña C-3, todas superiores ao valor comprometido. Nas inspeccións periódicas realizadas tanto en trens como en estacións, conséguese unha puntuación máxima de 9,99. A limpeza nas estacións foi valorada polos clientes cun 7,42 na C1, 7,39 na C2 e un 7,52 na C3, sendo o nivel de esixencia 7 e considerándose fóra das expectativas do cliente calquera valor inferior a 6 sobre 10.
Telecomunicacións: interior do tren.
A funcionalidade dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens foi garantida no 99,74% das viaxes nas liñas C1 e C2 e na liña C3 no 99,89 %.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens coma nas estacións, a sensación de seguridade fronte á delincuencia supera as expectativas dos viaxeiros nas liñas C1 e C3. 6,61 na Liña C1 e 6,75 na C3, o que supón unha desviación positiva entre a expectativa e a satisfacción do cliente do 8,53 % e do 11,20 % respectivamente. Na liña C2 obténse unha puntuación situada entre o Nivel de Esixencia e a Situación Inaceptable cun valor de 6,08, cunha desviación negativa entre a expectativa e a satisfacción do cliente do -1,93 %.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos nos seus desprazamentos por un Plan de Emerxencia actualizado periodicamente e visible a indicación de actuación en caso de emerxencia, tanto nos trens como nas estacións, incluíndo un plano a tal efecto.
Consumo enerxético.
Disponse de indicadores ambientais sobre a xestión do servizo, especialmente relativos ao consumo de enerxía, que se dan a coñecer anualmente a través da web de Renfe e que permiten, entre outros aspectos, facer un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír ao desenvolvemento sostible.