Desde o ano 2005, o Núcleo de Cercanías de Bilbao conta coa Certificación de Calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), unha norma que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo, asociados á Carta de Servizos, tamén certificada, que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer aos clientes e ao público en xeral a través da páxina web de Renfe.
Os resultados do ano 2024 estiveron, en termos xerais, dentro dos parámetros esixidos pola norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Oferta xeral do servizo.
A oferta xeral de trens adáptase ás necesidades e expectativas dos clientes segundo os resultados obtidos na Enquisa de Calidade 2024. O resultado obtido para cada unha das liñas foi de 5,78 para a C-1, 5,76 para a C-2 e 6,22 para a C-3.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios realizaron a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros de pé por metro cadrado, segundo os datos do estudo anual de capacidade.
Accesibilidade interna: mantemento.
Arredor do 99 % dos usuarios atoparon as escaleiras mecánicas de acceso ás estacións da rede dispoñibles e en pleno funcionamento. Máis do 90 % dos usuarios da rede tamén atoparon os ascensores dispoñibles.
Emisión de billetes: adquisición na rede e validación.
O 100 % dos usuarios da liña C1, o 100 % da liña C2 e o 99,33 % da liña C3 puideron mercar os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa sexa en despachos de billetes ou en Máquinas autovenda. O 99,41 % dos viaxeiros da C1, o 99,44 % dos da C2 e o 99,58 % dos da C3 poden validar os seus billetes antes e despois da súa viaxe.
Información en trens e estacións:
O 100% dos clientes do Núcleo de Bilbao atoparon nos trens cos que se presta o servizo a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
Máis do 99 % dos viaxeiros puido consultar nas estacións de todas as liñas a información necesaria sobre o servizo ofertado, que tamén foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 93,91 % dos trens da liña C1, o 86,42 % dos da liña C2 e o 88,83 % dos da liña C3 chegaron a tempo ao seu destino. Considérase que se cumpre a oferta comercial cando a porcentaxe de trens chegados ao destino, con 5 minutos ou menos de atraso, é superior ao 98 %, incluíndo os trens suprimidos ou non circulados, que se contabilizan como chegados con máis de 5 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos das Enquisas de Satisfacción de Clientes por liñas, a valoración global sobre 10 é de 7,12 para a liña C1, 6,37 para a C2 e 6,28 para a C3.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 90,09 % das reclamacións foron respondidas en menos de 20 días, superando con creces o nivel esixido (> 80 %).
Atención ao cliente: Dispoñibilidade nas estacións.
O 100 % dos viaxeiros tiveron acceso ao horario garantido de atención persoal ao público, nas estacións nas que está establecido.
Condicións ambientais: climatización.
O 99,93 % dos clientes das liñas C-1 e C-2 viaxaron coa climatización adecuada, garantindo a comodidade no interior do tren. Na C-3 foi de 99,83 %.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e trens cun grao de limpeza axeitado e satisfactorio. A percepción dos viaxeiros nos trens, segundo os datos da Enquisa de Calidade Percibida de 2024, é de 7,92 na liña C-1, 7,85 na liña C-2 e 7,34 na liña C-3, todas superiores ao valor do nivel de esixencia. Nas inspeccións periódicas realizadas tanto en trens como en estacións, obteñense puntuacións superiores a 9,90 para todas as liñas do núcleo. A limpeza das estacións foi valorada polos clientes cun 7,44 na C1, 7,45 na C2 e 7,29 na C3, estando todas elas por riba do nivel de esixencia, que é igual a 7.
Telecomunicacións: interior do tren.
A funcionalidade dos sistemas de teleindicadores e megafonía do tren quedou garantida no 99,95 % das viaxes nas liñas C1 e C2 e no 99,93 % das viaxes na liña C3.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens como nas estacións, a percepción de seguridade ante a delincuencia supera as expectativas dos viaxeiros nas liñas C1 e C3, acadando unha puntuación de 6,91 na liña C1 e 6,31 na C3, o que supón unha desviación positiva entre a expectativa e a satisfacción dos clientes do 13,65% e 5,17% respectivamente. Na liña C2 acádase unha puntuación situada entre o Nivel de Esixencia e a Situación Inaceptable cun valor de 6,07, o que supón unha desviación negativa entre a expectativa e a satisfacción dos clientes de -1,46 %.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos durante os seus desprazamentos por un Plan de Emerxencia que se actualiza periodicamente, o cal indica o modo de actuación en caso de emerxencia, tanto nos trens como nas estacións, estando situado nun lugar visible e incluíndo un plano para tal fin.
Consumo enerxético.
Dispóñense de indicadores ambientais sobre a xestión do servizo, en particular sobre o consumo de enerxía, o consumo de auga e de papel, que se dan a coñecer anualmente a través da web de Renfe, e que permiten, entre outros aspectos, realizar un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible.