Dende o ano 2005 o Núcleo de Cercanías de Bilbao conta coa certificación de calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), norma que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo, asociada á Carta de Servizos, tamén certificada, que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer a clientes e público en xeral a través da Web de Renfe.
Os resultados do ano 2025 estiveron, en termos xerais, dentro dos parámetros esixidos pola norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Oferta xeral do servizo.
A oferta xeral de trens adáptase ás necesidades e expectativas dos clientes segundo os resultados obtidos na Enquisa de Calidade 2025. O resultado obtido para cada unha das liñas foi de 6,28 para a C-1, 6,27 para a C-2 e 4,82 para a C-3, producíndose unha mellora notábel na puntuación das dúas primeiras (C1 e C2) e un empeoramento na C3.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios realizaron a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros de pé por metro cadrado, segundo os datos do estudo anual de capacidade.
Accesibilidade interna: mantemento.
Máis do 99 % dos usuarios atoparon as escaleiras mecánicas de acceso ás estacións da rede dispoñibles e totalmente operativas. Máis do 97 % dos usuarios da rede tamén atoparon os ascensores dispoñibles.
Emisión de billetes: adquisición na rede e validación.
O 100 % dos usuarios da liña C1, o 100 % da liña C2 e o 99,42 % da liña C3 puideron mercar os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa sexa en despachos de billetes ou en Máquinas autovenda. Ademais, o 100 % dos usuarios poden validar os seus billetes antes e/ou despois da viaxe.
Información en trens e estacións:
Practicamente o 100 % dos clientes do Núcleo de Cercanías de Bilbao atoparon nos trens cos que se presta o servizo a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
Máis do 98 % dos viaxeiros puido consultar nas estacións de todas as liñas a información necesaria sobre o servizo ofertado, que tamén foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 96,93 % dos trens programados da liña C1, o 96,09 % dos da liña C2 e o 86,62 % dos da liña C3 chegaron puntuais ao seu destino. Considérase que se cumpre a oferta comercial cando a porcentaxe de trens chegados ao destino, con 5 minutos ou menos de atraso, é superior ao 98 %, incluíndo os trens suprimidos ou non circulados, que se contabilizan como chegados con máis de 5 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos das Enquisas de Satisfacción de Clientes por liñas, a valoración global sobre 10 é de 7,27 para a liña C1, 6,61 para a C2 e 5,89 para a C3.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 91,54 % das reclamacións foron contestadas nun prazo menor a 20 días, superando con creces o nivel de esixencia (> 80 %).
Atención ao cliente: Dispoñibilidade nas estacións.
Máis do 92,5 % dos viaxeiros dispuxeron do horario garantido de atención persoal ao público, nas estacións nas que está establecido.
Condicións ambientais: climatización.
O 99,78 % dos clientes das liñas C-1 e C-2 viaxaron coa climatización adecuada, garantindo a comodidade no interior do tren. Na C-3 foi de 99,54 %.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e trens cun grao de limpeza axeitado e satisfactorio. A percepción dos viaxeiros nos trens, segundo os datos da Enquisa de Calidade Percibida de 2025, é de 8,26 na liña C-1, 7,72 na liña C-2 e 7,32 na liña C-3, todas superiores ao valor do nivel de esixencia. Nas inspeccións periódicas realizadas tanto en trens como en estacións, obteñense puntuacións superiores a 9,75 para todas as liñas do núcleo. A limpeza das estacións foi valorada polos clientes cun 7,73 na C1, 7,39 na C2 e 7,32 na C3, estando todas elas por riba do nivel de esixencia, que é igual a 7.
Telecomunicacións: interior do tren.
A funcionalidade dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens foi asegurada no 99,91 % dos desprazamentos nas liñas C1 e C2 e no 99,87 % dos mesmos na liña C3.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens como nas estacións, a sensación de seguridade fronte á delincuencia supera as expectativas dos viaxeiros nas liñas C1 e C3, obtendo unha puntuación de 7,10 na liña C1 e 6,36 na liña C3 respectivamente. Na liña C2, obtense unha puntuación que se atopa entre o Nivel de Esixencia e a Situación Inaceptable cun valor de 6,12.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos durante os seus desprazamentos por un Plan de Emerxencia que se actualiza periodicamente, o cal indica o modo de actuación en caso de emerxencia, tanto nos trens como nas estacións, estando situado nun lugar visible e incluíndo un plano para tal fin.
Impacto Ambiental
Dispóñense de indicadores ambientais sobre a xestión do servizo, en particular sobre o consumo de enerxía, o consumo de auga e de papel, que se dan a coñecer anualmente a través da web de Renfe, e que permiten, entre outros aspectos, realizar un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible.