As autoridades sanitarias estableceron unha serie de recomendacións para os desprazamentos en transporte público, algunhas das cales son obrigatorias e todas elas imprescindibles para garantir a saúde de todos e o funcionamento correcto dos servizos públicos.

Todos somos responsables de seguir as recomendacións:

  • Cada persoa debe extremar o coidado da súa saúde para coidar a saúde dos demais, especialmente dos máis vulnerables: Protéxete para protexer aos demais.
  • Cada vez que un lavas as mans, evita desprazamentos ou contactos innecesarios, respecta a distancia social ou usa máscara, contribúe a vencer o virus.
  • Axuda á poboación de risco. Evita os desprazamentos, agás por casos de estrita necesidade.
  • É o momento da disciplina social e de seguir as recomendacións oficiais no noso espazo público: é o espazo de todos.
  • A seguridade de todos depende de todos. Se seguimos as recomendacións das autoridades sanitarias e as indicacións das forzas e corpos de seguridade do Estado, estaremos máis preto de vencer a enfermidade e de recuperar a nosa vida habitual.
  • Non utilices o transporte público se estás diagnosticado con COVID-19 ou se ti ou alguén do teu domicilio ten síntomas compatibles coa enfermidade.
  • Evita os desprazamentos, se non son estritamente necesarios. Utiliza sempre que poidas medios telemáticos para realizar o teu traballo ou as túas xestións.
  • Se tes que desprazarte, faino preferentemente a pé, en bicicleta ou en calquera outro modo de transporte individual.
  • Consulta os horarios antes de saír de viaxe e programa o teu desprazamento con tempo abondo. Mantente informado sobre servizos reducidos, paradas suprimidas e estacións pechadas.
  • Procura evitar o transporte público, se pertences a un grupo de risco.
  • Evita horas punta sempre que sexa posible.
  • Evita pagar en efectivo. Utiliza preferiblemente as máquinas autovenda e o pagamento con tarxeta bancaria.
  • Mantén as normas de hixiene respiratoria.
  • Leva unha máscara mentres utilizas o transporte público, tanto dentro dos vehículos coma nas estacións, paradas e corredores.
  • Evita, na medida do posible, falar con outros usuarios ou por teléfono. Non consumas alimentos nin bebidas.
  • Procura manter a distancia social con outros usuarios.
  • Nas saídas e entradas ás estacións, deixa sempre espazo abondo con outros usuarios, especialmente se se forman colas no momento de validar o teu billete.
    • Sepárate nas paradas de autobús, nas plataformas e no interior dos trens/autobuses de xeito que se manteña a distancia física.
    • Nas escaleiras mecánicas, mantén unha soa ringleira, sen adiantar aos que se atopan diante e mantén unha separación de polo menos dous chanzos.
    • Non utilices os ascensores, agás en casos imprescindibles.
    • Mantén unha distancia prudencial ata o bordo da plataforma ou a calzada coa chegada do tren/autobús e non te achegues ás portas antes da baixada dos usuarios que veñen no tren/autobús.
    • Evita cruzarte ao subir e baixar do tren/autobús. Non te apures ao baixar e ao subir. O tren/autobús non marchará ata que baixen e suban todos os viaxeiros.
  • Presta atención á sinalización, aos avisos por megafonía e ás indicacións dos condutores e do persoal de seguridade. Axudarache a previr contaxios.
  • Antes de iniciar o teu desprazamento e cando o finalices, lava ben as mans con auga e xabón ou cun xel hidroalcohólico.
  • Permanece na estación o tempo mínimo imprescindible.