Máis rápido, máis sinxelo, máis innovador.
Paga nos torniquetes directamente coa túa tarxeta bancaria ou co teu móbil con Cronos. ¡Sí, sí, así de fácil! Co novo sistema poderás pagar o teu billete simple coa túa tarxeta de crédito ou débito, sempre que sexan sen contacto (contactless) ou o sistema de pagamento do teu móbil.
Como funciona? Moi sinxelo. Cada vez que aboes un ou varios billetes simples realízase o cargo correspondente á tarifa vixente e ao número de zonas polas que viaxastes, que poderás comprobar no extracto de movementos da túa conta bancaria.
Solicita a túa Tarjeta +Renfe & Tú para poder viaxar. Deberás cargar nela a maior parte dos títulos de transporte ou billetes que utilices. Está chea de vantaxes: aforrarás tempo e comodidade nas túas viaxes e, ao ser unha tarxeta sen contacto, abonda con achegala ao lector do control de acceso para que abran as portas. É reutilizable e recargable e non ten caducidade.
Prazo de emisión da tarxeta ata 2 semanas. Pode ser maior en función do número de solicitudes.
Podes mercalos nos despachos de billetes das estacións e nas Máquinas autovenda de Cercanías. Lembra que tes un máximo de dúas horas para iniciar a túa viaxe despois de mercar o billete.
Estes billetes non admiten cambios e só se poden cancelar nos despachos de billetes das estacións durante as dúas horas posteriores á túa compra, sempre que non o utilizases.
Podes mercalos nos despachos de billetes das estacións e nas Máquinas autovenda de Cercanías. Lembra que tes un máximo de dúas horas para iniciar a túa viaxe despois de mercar o billete. O regreso debe realizarse ao longo do mesmo día.
Os billetes de ida e regreso non admiten cambios e só se poden anular nos despachos de billetes das estacións durante as dúas horas posteriores á súa compra, sempre que non o utilizases.