Cumprimento da Oferta Xeral do Servizo.
A oferta xeral de trens axústase ás necesidades e expectativas dos nosos clientes segundo os resultados da Enquisa de Satisfacción de Clientes correspondente a 2023. O nivel de satisfacción obtido cumpre co compromiso de non superar a diferenza do 10 % entre a satisfacción e a expectativa dos clientes, agás nas liñas C2, C3, C7 e C10.
Grao de ocupación.
O 98,95 % dos usuarios realizou a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros por metro cadrado, segundo datos do estudo anual de capacidade.
Accesibilidade interna: mantemento.
Máis do 98,85 % dos dispositivos mecánicos estiveron dispoñibles e en pleno funcionamento.
Emisión de billetes: adquisición na rede.
O 99,99 % dos usuarios puideron adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, tanto en despachos de billetes coma en máquinas autovenda.
Información en trens e estacións:
O 98,13 % dos viaxeiros atoparon nos trens cos que prestamos servizo a información necesaria sobre o servizo ofertado. Nas estacións máis do 98,38 % dos nosos clientes atoparon a información necesaria sobre o servizo ofrecido, en diferentes soportes e permanentemente actualizada, así como información sobre os medios de contacto con Renfe Cercanías.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 96,11 % dos trens da liña C1, o 95,50 % dos da liña C2, o 97,13 % dos da liña C3, o 96,45 % dos da liña C3A, o 98,48 % dos da liña C4A, o 96,57 % dos da liña C4B, o 96,93 % dos da liña C5, o 94,31 % dos da liña C7, o 95,14 % dos da liña C8, o 95,26 % dos da liña C10 chegaron puntuais ao seu destino.
No cumprimento da oferta comercial considérase a porcentaxe de trens que cheguen ao destino con 3 minutos ou menos de atraso, cualificando os trens suprimidos ou non circulados como impuntuais.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos da enquisa de Calidade Percibida correspondente a 2023, os clientes deron unha valoración global ao servizo prestado de 6,99, lixeiramente por debaixo do 7 establecido no Regulamento da Norma.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 39,86 % dos clientes que presentaron reclamacións a través do libro oficial en 2023 obtiveron unha resposta nun prazo non superior a 20 días naturais, o 42,01 % nun prazo non superior a 30 días naturais e o resto nun prazo superior.
Actitude comercial e aparencia.
Os viaxeiros recibiron un trato respectuoso e amable, e segundo os datos da Enquisa de Calidade Percibida correspondente a 2023, a percepción global sobre o trato e a atención do persoal de Cercanías Madrid acadou un valor de 7,65 sobre 10.
Condicións ambientais: climatización.
O 99,44 % dos clientes viaxaron cunha climatización adecuada que garante o confort no interior do tren durante as viaxes.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Existe un plan de limpeza e conservación que permitiu aos usuarios atopar estacións e trens cun grao de limpeza adecuado e satisfactorio. A percepción dos viaxeiros, segundo os datos da Enquisa de Satisfacción dos Clientes 2023, é de 7,21 nas estacións e 7,14 nos trens nunha escala de 0 a 10, cumprindo en ambos os casos o nivel de exixencia comprometido.
Teleindicadores e megafonía no interior dos trens.
Os vehículos dispoñen dun equipamento de teleindicadores e megafonía cuxa funcionalidade foi garantida no 69,90 % dos desprazamentos.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens como nas estacións, a sensación de seguridade fronte á delincuencia dos nosos clientes foi valorada de xeito positivo, obtendo na enquisa de Calidade Percibida 2023 unha puntuación de 7,02, o que supón unha desviación positiva do 0,43 % entre a expectativa e a satisfacción dos clientes, non superando a diferenza do 10 %.
Xestión de emerxencias
Existen Plans de Emerxencia permanentemente actualizados, destinados á protección total dos nosos clientes.
Consumo enerxético.
Disponse de Indicadores Ambientais sobre a xestión do servizo e en particular sobre o consumo enerxético. Os Viaxeiros dispoñen desta información, que anualmente se dá a coñecer na páxina web de Renfe.