Segundo o establecido na certificación do núcleo, baixo a Norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), dispón dunha serie de indicadores ambientais que se supervisan para a xestión do servizo de Cercanías.
A explotación ferroviaria require do consumo de auga para diferentes usos (sanitarios, limpeza, etc…). Dado que a auga é un recurso escaso, aplicamos técnicas de xestión do consumo e melloramos as instalacións para lograr un uso máis eficiente da auga. No ano 2022, este consumo foi de 0,0096 litros por viaxeiro/km transportado.