As viaxes en grupo, a partir dun mínimo de 10 persoas, tamén teñen descontos interesantes nos trens de Cercanías:

  • Ida: 30%.
  • Ida e regreso: 40%.
  • Os menores de 12 anos viaxan cun desconto do 50 %.
  • Para grupos escolares, por cada 10 billetes obterás un de balde.

Solicita a túa viaxe en grupo con polo menos 48 horas de antelación para que poidamos xestionala adecuadamente. Pode ser só de ida ou de ida e regreso, podendo realizarse a volta ata 30 días despois da data de ida.

Se precisas máis información, contacta connosco en gruposcercaniasmadrid@renfe.es (Coordinación de Grupos Cercanías).