A partir do 12 de decembro de 2023 e por cuestións de seguridade no transporte, non se permite o acceso aos trens con patinetes e monociclos eléctricos ou vehículos similares. Quedan excluídos desta normativa os vehículos para persoas con mobilidade reducida, así como as bicicletas eléctricas.

Bicicletas

A túa bicicleta viaxa gratis contigo en todos os nosos trens de Cercanías. Só tes que ter en conta o seguinte:

  • Podes viaxar cunha bicicleta como máximo por persoa
  • A bicicleta debe colocarse nos espazos designados para ela. Se non hai ningunha zona sinalizada no tren, colócaa na plataforma de acceso, sen invadir os corredores nin as zonas de asentos non abatibles.
  • Se a ocupación do tren é elevada e non podes viaxar coa túa bicicleta, podes optar por viaxar noutro tren ou pedir que che devolvan o importe do teu billete.
  • Ti es responsable da túa bicicleta. Ocúpate da súa subida, custodia e descenso do tren para evitar posibles danos ou perdas.
     

Se o teu deporte é o surf, tamén podes viaxar nos trens de Cercanías de Asturias coa túa táboa. Levámosche a coller as mellores ondas nas praias de Xixón e San Juan de Nieva.

Mascotas

A túa mascota viaxa gratis contigo en todos os nosos trens de Cercanías. Só tes que ter en conta o seguinte:

  • Admítense mascotas (cans, gatos e paxaros) sen límite de peso e suxeitos cunha correa
  • Viaxan de balde contigo e non precisan billete 
  • Non é necesario que viaxen na súa gaiola ou caixa de viaxe
  • Os cans deben viaxar con bozo
  • Podes viaxar cunha mascota como máximo por persoa

Os cans guía e de asistencia viaxan sen limitacións de peso ou de transporte.

A túa mascota é un membro máis da túa familia. Respecta as regras para evitar molestias, danos ou desperfectos e goza dunha viaxe segura e cómoda.