Xa podes consultar os trens do teu núcleo de Cercanías en tempo real na seguinte ligazón.

Máis rápido, máis sinxelo, máis innovador.

Paga nos torniquetes directamente coa túa tarxeta bancaria ou co teu móbil con Cronos. ¡Sí, sí, así de fácil! Co novo sistema poderás pagar o teu billete simple coa túa tarxeta de crédito ou débito, sempre que sexan sen contacto (contactless) ou o sistema de pagamento do teu móbil.

Como funciona? Moi sinxelo. Cada vez que aboes un ou varios billetes simples realízase o cargo correspondente á tarifa vixente e ao número de zonas polas que viaxastes, que poderás comprobar no extracto de movementos da túa conta bancaria.

Xa podes estar informado en tempo real do estado do tráfico de Cercanías. Subscríbete á conta de Twitter @InfoCercanias. Preme na ligazón que atoparás no tuit fixado e un chatbot guiarate para que selecciones liñas e horarios do teu interese. Activa as túas notificacións e unha mensaxe directa avisarate de calquera circunstancia que se produza na selección que escolleses. Podes modificar as túas preferencias ou eliminar a subscrición en calquera momento.

Ver vídeo.