Paga nos torniquetes directamente coa túa tarxeta bancaria ou co teu móbil con Cronos. ¡Sí, sí, así de fácil! Co novo sistema poderás pagar o teu billete simple coa túa tarxeta de crédito ou débito, sempre que sexan sen contacto (contactless) ou o sistema de pagamento do teu móbil.
Como funciona? Moi sinxelo. Cada vez que aboes un ou varios billetes simples realízase o cargo correspondente á tarifa vixente e ao número de zonas polas que viaxastes, que poderás comprobar no extracto de movementos da túa conta bancaria.
É IMPRESCINDIBLE validar na estación de entrada e DE SAÍDA, en torniquetes ou canceladoras, pois a non validación implicará o cargo do IMPORTE MÁXIMO de todas as zonas do núcleo.
A partir da quinta viaxe aplícase un desconto do 40 % sobre o prezo do billete simple. Para beneficiarse deste desconto, todas as viaxes deben realizarse coa mesma tarxeta. O desconto é independente do número de zonas de cada viaxe; o que se contabiliza é o número total de viaxes realizadas e, a partir da quinta, aplícase automaticamente.
Non é necesario que as viaxes se realicen nun mesmo núcleo, xa que se contabilizan todos os traxectos efectuados en calquera núcleo. É dicir, o desconto é multinúcleo: Unha vez que se alcance a quinta viaxe en calquera núcleo, aplicarase a todos eles.
Os descontos calcúlanse por mes natural. Isto significa que se teñen en conta as viaxes realizadas dentro do mesmo mes e, ao comezar un novo, o contador reiníciase. Por tanto, o desconto non se volverá a aplicarse ata alcanzar de novo a quinta viaxe no novo mes.
Solicita a túa Tarjeta +Renfe & Tú para poder viaxar. Deberás cargar nela a maior parte dos títulos de transporte ou billetes que utilices. Está chea de vantaxes: aforrarás tempo e comodidade nas túas viaxes e, ao ser unha tarxeta sen contacto, abonda con achegala ao lector do control de acceso para que abran as portas. É reutilizable e recargable e non ten caducidade.
Prazo de emisión da tarxeta ata 2 semanas. Pode ser maior en función do número de solicitudes.
Os billetes individuais son válidos para unha única viaxe. O seu prezo varía en función das zonas que se vaia percorrer:
| Zonas | Prezos |
|---|---|
| Zonas 1/2 | 1,80 € |
| 3 zonas | 2,05 € |
| 4 zonas | 2,70 € |
| 5 zonas | 3,60 € |
Podes mercalos nos despachos de billetes das estacións e nas Máquinas autovenda de Cercanías. Lembra que tes un máximo de dúas horas para iniciar a túa viaxe despois de mercar o billete.
Estes billetes non admiten cambios e só se poden cancelar nos despachos de billetes das estacións durante as dúas horas posteriores á súa compra, sempre que non o utilizases.
Os billetes de ida e regreso son válidos para dúas viaxes, unha de ida e outra de regreso.
| Zonas | Prezos |
|---|---|
| 1/2 zonas | 3,60 € |
| 3 zonas | 4,10 € |
| 4 zonas | 5,40 € |
| 5 zonas | 7,20 € |
Podes mercalos nos despachos de billetes das estacións e nas Máquinas autovenda de Cercanías. Lembra que tes un máximo de dúas horas para iniciar a túa viaxe despois de mercar o billete. O regreso debe realizarse ao longo do mesmo día.
Os billetes de ida e regreso non admiten cambios e só se poden anular nos despachos de billetes das estacións durante as dúas horas posteriores á súa compra, sempre que non o utilizases.