Nenos

Encántanos que te movas en familia. Por iso, os nenos menores de 6 anos viaxan de balde (ata un máximo de dous nenos por billete de adulto).

 

Mozos

Se tes entre 14 e 25 anos, Renfe poncho fácil. Coa Tarjeta +Renfe Joven 50, poderás mercar os teus billetes de tren a prezos adaptados ao teu peto. Descubre as vantaxes e comeza a viaxar!

A Tarjeta +Renfe Joven 50 permíteche beneficiarte dun desconto do 25 % na compra das túas entradas para Cercanías. Ademais, gozarás de todas as vantaxes de +Renfe.

Podes adquirir a túa Tarjeta +Renfe Joven 50 aquí. Trátase dunha tarxeta nominativa e intransferible e o seu prezo é de 50 €. Ao comprala, recibirás o teu número de cliente e poderás facer compras con desconto. A tarxeta ten unha validez dun ano.

Os billetes adquiridos coa túa Tarjeta +Renfe Joven 50 admiten cambios e anulacións, suxeitos a gastos.