Desde o ano 2005, as liñas C1, C2 e C6 do Núcleo de Cercanías de Valencia contan coa Certificación de Calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo, e coa correspondente Carta de Servizos que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer aos clientes e ao público en xeral a través da páxina web de Renfe.
Os resultados do ano 2021 estiveron, en termos xerais, dentro dos parámetros esixidos pola norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Cumprimento da Oferta Xeral do Servizo.
A oferta de trens adaptarase ás necesidades e expectativas dos clientes. A diferenza entre a expectativa e a satisfacción co servizo non deberá superar o 10 %. Os resultados da Enquisa de Satisfacción de Clientes, realizada en novembro de 2021: nas liñas C1 6,25 %, C2 5,35 % e C6 6,40 %. O nivel de satisfacción obtido nas Liñas C1 e C6 cumpre cos obxectivos da Norma e, na Liña C2, a percepción está unhas décimas por debaixo do 10 % en relación cos parámetros establecidos na devandita Norma.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios realizaron a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros por metro cadrado segundo os datos do estudo anual de aforos de 2021.
Accesibilidade interna: mantemento.
O 99,00 % dos usuarios atoparon os dispositivos mecanizados para salvar barreiras nas estacións, dispoñibles e en pleno funcionamento.
Emisión de billetes: adquisición na rede.
O 99,24 % dos clientes das liñas C1, o 82,67 % da liña C2 e o 99,10 % da C6 puideron adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, tanto en despachos de billetes como en máquinas autovenda.
Información en trens e estacións:
O 100 % dos viaxeiros puideron consultar nos trens cos que prestamos servizo e nas estacións das liñas certificadas a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 97,43 % dos trens da liña C1, o 89,46 % da liña C2 e o 84,06 % dos da liña C6 chegaron puntuais ao seu destino. Estas porcentaxes son inferiores ao 98 % establecido, principalmente por problemas de infraestrutura, obras e inclemencias meteorolóxicas; realízanse as accións axeitadas para mellorar este compromiso.
O cumprimento da oferta comercial considérase pola porcentaxe de trens que chegan ao destino con 3 minutos ou menos de atraso, considerándose os trens suprimidos ou non circulados como chegados con máis de 3 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes realizada, en ningunha liña se alcanza o valor mínimo de 7 establecido pola Norma. O servizo prestado foi cualificado polos nosos viaxeiros do seguinte xeito: 6,31 para a liña C1, 5,56 para a liña C2 e 6,51 para a liña C6.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 89,90 % das reclamacións presentadas por viaxeiros da liña C1, o 87,93 % da C2 e o 88,37 % da C6, foron contestadas no prazo de 20 días naturais, sen superar o compromiso do 80 % que establece a Norma, por mor da COVID-19.
Actitude comercial e aparencia.
Segundo os datos das Enquisas de Satisfacción de Clientes e das inspeccións mensuais realizadas, os Viaxeiros recibiron un trato respectuoso e cortés, valorando esta actitude cunha nota de 7,63 na Liña C1, de 6,84 na Liña C2 e de 7,39 na Liña C6.
Asistencia.
Cercanías Renfe dispón dun protocolo de actuación para a información e atención, na medida do posible, aos viaxeiros en caso de incidencia que provoque a interrupción do servizo.
Condicións ambientais: climatización.
Renfe Cercanías traballa a diario para ofrecer aos clientes as condicións adecuadas de climatización e confort no interior do tren.
Limpeza: plan de limpeza de trens e estacións.
Disponse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e trens cun nivel de limpeza axeitado e satisfactorio. Segundo os datos das Enquisas de Calidade Percibida (IQP), acadouse unha valoración de 7,53 na liña C1, 7,02 na C2 e 7,76 na C6 nunha escala de 0 a 10. En todas as Liñas Certificadas cúmprese o nivel de Exixencia fixado en 7.
Telecomunicacións: interior do tren.
O funcionamento dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens de Cercanías Renfe está garantido en máis do 99,33 % na liña C1, no 98,65 % na liña C-2 e no 97,47 % na liña C6. En todas as Liñas Certificadas temos superado o compromiso establecido na Norma que é do 90 %.
Protección contra agresións.
Tanto nos nosos trens como nas estacións, os viaxeiros percibiron unha sensación de seguridade fronte á delincuencia de 7,13 na liña C1, de 6,15 na C2 e de 7,46 na C6, todas dentro dos parámetros requiridos pola Norma.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos nos seus desprazamentos por un Plan de Emerxencias actualizado periodicamente.
Consumo enerxético.
Dispóñense de indicadores ambientais sobre a xestión do servizo, en particular sobre o consumo enerxético, que permiten, entre outros aspectos, realizar un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible.