Desde o ano 2005, as liñas C1, C2 e C6 do Núcleo de Cercanías de Valencia contan coa Certificación de Calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo, e coa correspondente Carta de Servizos que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes e cuxo grao de cumprimento damos a coñecer aos clientes e ao público en xeral a través da páxina web de Renfe.
Os resultados do ano 2023 estiveron, en xeral, dentro dos parámetros esixidos pola Norma e establecidos na Carta de Servizos; e foron os seguintes:
Cumprimento da Oferta Xeral do Servizo.
A oferta de trens adaptarase ás necesidades e expectativas dos clientes. A diferenza entre a expectativa e a satisfacción co servizo non deberá superar o 10 %. Os resultados da Enquisa de Satisfacción de Clientes, realizada en novembro de 2023: nas liñas C1 6,75 %, C2 6,88 % e C6 7,13 %. O nivel de satisfacción obtido nas Liñas C1, C2 e C6 cumpre cos obxectivos da Norma.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios realizaron a súa viaxe cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros por metro cadrado segundo os datos do estudo anual de aforos de 2023.
Accesibilidade interna: mantemento.
O 97,00 % dos usuarios atoparon os dispositivos mecanizados para salvar barreiras nas estacións, dispoñibles e en pleno funcionamento.
Emisión de billetes: adquisición na rede.
O 99,68 % dos clientes da liña C1, o 99,69 % da liña C2 e o 99,42 % da C6 puideron adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa fose nos despachos de billetes ou nas máquinas autovenda.
Información en trens e estacións:
O 100 % dos viaxeiros puideron consultar nos trens cos que prestamos servizo e nas estacións das liñas certificadas a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 81,39 % dos trens da liña C1, o 91,41 % da liña C2 e o 81,02 % dos da liña C6 chegaron puntuais ao seu destino. Estas porcentaxes son inferiores ao 98 % establecido, principalmente por problemas de infraestrutura, obras e inclemencias meteorolóxicas; realízanse as accións axeitadas para mellorar este compromiso.
O cumprimento da oferta comercial considérase pola porcentaxe de trens que chegan ao destino con 3 minutos ou menos de atraso, considerándose os trens suprimidos ou non circulados como chegados con máis de 3 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes realizada, a excepción da C6, o resto das liñas non supera o 7 que é o mínimo establecido na Norma. O servizo prestado foi cualificado polos nosos viaxeiros do seguinte xeito: 6,73 para a liña C1, 6,91 para a liña C2 e 7,01 para a liña C6.
Relacións cos clientes: reclamacións.
O 59,41 % das reclamacións presentadas polos viaxeiros da liña C1, o 62,08 % da C2 e o 62,77 % da C6, foron respondidas nun prazo de 20 días naturais.
Actitude comercial e aparencia.
Segundo os datos das Enquisas de Satisfacción de Clientes e das inspeccións mensuais realizadas, os Viaxeiros recibiron un trato respectuoso e cortés, valorando esta actitude cunha nota de 7,71 na Liña C1, de 7,88 na Liña C2 e de 8,11 na Liña C6.
Asistencia.
Cercanías Renfe dispón dun protocolo de actuación para a información e atención, na medida do posible, aos viaxeiros en caso de incidencia que provoque a interrupción do servizo.
Condicións ambientais: climatización.
Renfe Cercanías traballa a diario para ofrecer aos clientes as condicións adecuadas de climatización e confort no interior do tren.
Limpeza: plan de limpeza de trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e trens cun nivel de limpeza axeitado e satisfactorio; segundo os datos das Enquisas da Calidade percibida, acadouse unha valoración nos trens de 7,71 na liña C1; 7,69 na liña C2 e 8,06 na liña C6; e a limpeza das estacións as seguintes: 7,54 na liña C1; 7,48 na liña C2 e 7,88 na liña C6.
Telecomunicacións: interior do tren.
O funcionamento dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens de Cercanías Renfe estivo asegurado en máis do 99,76 % na liña C1, 99,76 % na liña C2 e no 99,92 % na liña C6. En todas as Liñas Certificadas temos superado o compromiso establecido na Norma que é do 95 %.
Protección contra agresións.
Tanto nos nosos tren como nas Estacións, os viaxeiros tiveron unha sensación de seguridade fronte á delincuencia de 7,15 na liña C1, de 6,79 na C2 e de 7,22 na C6, o que representa unha desviación positiva entre a expectativa e a satisfacción dos clientes do 15,88 %; 8,46 %; e 12,11 % respectivamente.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos nos seus desprazamentos por un Plan de Emerxencias actualizado periodicamente.
Consumo enerxético.
Dispóñense de indicadores ambientais sobre a xestión do servizo, en particular sobre o consumo enerxético, que permiten, entre outros aspectos, realizar un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible.