Dende o ano 2010, o Núcleo de Cercanías de Zaragoza conta coa certificación de calidade segundo a norma UNE-EN 13816 (Transporte público de pasaxeiros), norma que establece unha serie de criterios e niveis de calidade do servizo e que recolle os compromisos de Renfe cos seus clientes, cuxo grao de cumprimento damos a coñecer aos clientes e ao público en xeral a través da páxina web de Renfe.
Os resultados no ano 2023 estiveron, en xeral, dentro dos parámetros esixidos pola Norma e foron os seguintes:
Cumprimento da Oferta Xeral do Servizo.
O servizo xeral de trens adáptase ás necesidades e expectativas dos nosos clientes, segundo os resultados da Enquisa de Satisfacción de Clientes correspondente a 2023. O nivel de satisfacción acadado para este parámetro alcanzou unha puntuación de 6,86 na liña C1 e cumpre co compromiso de non superar o 10 % de diferenza entre a satisfacción e a expectativa dos clientes establecido como compromiso no Regulamento da Norma.
Grao de ocupación.
O 100 % dos usuarios viaxaron cun nivel de ocupación inferior a 4 viaxeiros por metro cadrado segundo os datos do estudo de aforos.
Accesibilidade interna: mantemento.
Máis do 97,28 % dos usuarios atoparon os dispositivos mecanizados (ascensores, rampas, escaleiras mecánicas e controis de acceso) para superar barreiras nas estacións, dispoñibles e en pleno funcionamento.
Emisión de billetes: adquisición na rede.
O 100 % dos usuarios da liña C1 puido adquirir os seus títulos de transporte antes de acceder ao tren, xa fose en despacho de billetes ou en Máquinas autovenda.
Información en trens e estacións
O 87,77 % dos viaxeiros atoparon nos trens cos que prestamos servizo a información necesaria sobre o servizo ofertado, que foi actualizada periodicamente.
Igualmente, o 100 % dos viaxeiros atoparon nas estacións a información necesaria sobre o servizo, en diferentes soportes, actualizada periódicamente, así como información sobre os medios de contacto con Renfe Cercanías.
Puntualidade: cumprimento da oferta comercial.
O 92,96 % dos trens da liña C1 chegaron puntualmente ao seu destino ao longo de 2023.
O cumprimento da oferta comercial considérase pola porcentaxe de trens que chegan ao destino con 3 minutos ou menos de atraso, considerándose os trens suprimidos ou non circulados como chegados con máis de 3 minutos de atraso.
Orientación ao cliente.
Segundo os datos da enquisa de satisfacción de clientes realizada en 2023, a percepción xeral dos clientes con respecto ao servizo prestado alcanzou unha valoración alta, 7,73 para a liña C1. Por riba do 7,0 establecido como compromiso de calidade.
Relacións cos clientes: reclamacións.
En canto ás reclamacións da liña C1, o 42,34 % das reclamacións foron respondidas nun prazo non superior a 20 días, o 22,52 % das reclamacións foron respondidas nun prazo entre 20 e 30 días, e o 35,14 % das reclamacións foron respondidas nun prazo superior a 30 días.
Actitude comercial e aparencia.
Os viaxeiros recibiron un trato respectuoso e amable segundo os datos das Enquisas de Satisfacción de Clientes e das inspeccións trimestrais realizadas mediante a práctica do comprador misterioso (superando o valor de 9 nunha escala de 0 a 10).
Asistencia.
En caso de incidencia que provoque unha interrupción do servizo, existe un protocolo establecido para informar e axudar aos viaxeiros na medida do posible.
Condicións ambientais: climatización.
O 100 % dos clientes viaxaron coa climatización adecuada, garantíndose o confort no interior do tren.
Limpeza: plan de limpeza en trens e estacións.
Dispónse dun plan de limpeza e conservación que permitiu que os usuarios atopasen as estacións e os trens cun grao de limpeza axeitado e satisfactorio, segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes de 2023, cunha valoración da limpeza nos trens de 8,21 e nas estacións de 8,21 sobre 10.
Telecomunicacións: interior do tren.
A funcionalidade dos equipos de teleindicadores e megafonía dos trens estivo asegurada no 77,20 % dos desprazamentos.
Protección contra agresións.
Tanto nos trens como nas estacións, e segundo os datos da Enquisa de Satisfacción de Clientes, a percepción de seguridade fronte á delincuencia na liña C1 é de 8,21, o que representa unha desviación positiva do 7,18 % entre a expectativa e a satisfacción dos clientes.
Xestión de emerxencias
Os clientes están protexidos nos seus desprazamentos por Plans de Emerxencias, destinados á protección total e actualizados periodicamente.
Consumo enerxético.
Dispóñense de Indicadores Ambientais sobre xestión do servizo, en particular sobre consumo de enerxía, que se dan a coñecer anualmente a través da web de Renfe, e que permiten, entre outros aspectos, realizar un seguimento da eficiencia enerxética, co obxectivo último de contribuír a un desenvolvemento sostible.
Podes facernos chegar as túas reclamacións, suxestións ou peticións de información dirixíndote a:
Desde o cuestionario que figura no apartado de Atención ao Cliente.
Nas estacións con persoal e en horario de atención ao cliente poderás solicitar, se o consideras necesario, o Libro de Reclamacións.