Madrid

Cidade monumental e encrucillada

 

 

A situación xeográfica e a condición de capital dan a Madrid ese carácter cosmopolita. É o centro da escena cultural e social, o lugar onde se reuniron persoas de todo tipo e bagaxe que conforman a súa historia.

Non podes perderte

Un bo punto de partida para percorrer a vila é o quilómetro cero da porta do Sol. Nesta praza hai fitos como o reloxo da Real Casa de Correos que anuncia o comezo de cada ano coas súas badaladas ou a estatua do oso e o érbedo.

Nos arredores, atoparás lugares emblemáticos como a fonte de Cibeles, a porta de Alcalá, a praza Maior e a de España, Callao, a catedral da Almudena ou a praza de Oriente, co seu teatro e Palacio Real.

Queres saber máis?

Pasear por Madrid é sorprendente mires onde mires. A Gran Vía é un bo exemplo: despois de ver os seus cines, teatros e tendas, alza a vista para descubrir as esculturas de deuses romanos e gregos que che observan desde as azoteas.

Mirar por onde pisas tamén é unha boa idea para o barrio das Letras, onde poderás ler citas de grandes escritores do Século de Ouro español que viviron nestas rúas, como Cervantes ou Lope de Vega.

En Madrid tes de todo en calquera época do ano. Cultura con museos recoñecidos a nivel internacional, como o Prado ou o Reina Sofía. Natureza con parques e xardíns señoriales, entre os que destacan o Retiro e a Casa de Campo e, por suposto, lecer a todas horas na cidade que nunca dorme.

Comprácete

Para ser un madrileño máis, pérdete por barrios tan tradicionais como Lavapiés e La Latina e come un cocido madrileño ou un bocata de calamares.

Se queres presumir dun achado único, faite unha foto e saborea un asado con soleira en Casa Botín, o restaurante máis antigo do mundo segundo o Libro Guiness dos Récords.

Se o que queres é degustar bocados gourmet madrileños e de toda España, entra no Mercado de San Miguel, unha marabillosa estrutura de ferro acristalada modernista.

Plans de tempada

  • O verán madrileño é sinónimo de cultura ao aire libre grazas aos Veranos de la Villa. Este festival, que dura máis de dous meses desde finais de xuño, ofrece infinitas actividades nos espazos públicos de Madrid. Vai bailar á praza de Oriente, ver unha película nun parque ou quedar sorprendido escoitando unha zarzuela nos xardíns de Sabatini.
  • En agosto, as noites vístense de verbena, coas festas consecutivas de San Cayetano, San Lorenzo e La Paloma. Fai unha xira por La Latina e Lavapiés para bailar un chotis imitando os chulapos.
  • Non importa que o verán acabe. Nesta zona de Madrid a festa e a boa comida continúan co festival culinario de Tapapiés.