Se por algo ten sona Sevilla é pola súa feira, e non é de estrañar! A Feira de Sevilla son 7 días de festa, boa compaña, bailes e boa gastronomía na que arredor de 500.000 persoas se reúnen para celebrar a cultura andaluza e, sobre todo, a sevillana. Planazo, non si?
A cidade vístese de flamenca para acoller as 1040 casetas do recinto feiral, onde sevillanos e sevillanas pasarán os días bebendo «rebujito» e gozando de música en directo. E non é de estrañar! As casetas son a auténtica alma da festa e o sitio no que xuntarse a cantar e bailar, así que non as podes perder.
Hai casetas públicas e privadas. Que quere dicir isto? Pois que hai casetas nas que só podes entrar se es invitado pola persoa á que lle pertence e outras que están abertas ao público en xeral. Iso que din de que se non tes amigos ou familiares con casetas non poderás entrar en ningunha… é un mito!
A primeira Feira de Sevilla celebrouse o 18 de abril de 1847 cun formato 100 % comercial para comprar e vender gando. Co paso do tempo, os sevillanos apropiáronse do evento, converténdoo na gran festa que é hoxe en día.
E como falar da Feira de Sevilla sen nomear un dos seus protagonistas: o vestido de flamenca. Este traxe rexional é un dos máis recoñecidos en España… e fóra dela! A súa orixe remontase ás batas que utilizaban as labregas para os seus labores, ás que lles engadían vistosas cores, bordados e volantes, e que se foron popularizando ata converterse no símbolo que son hoxe en día.
Ollo! Aínda que o uniforme «oficial» destas festas sexan os vistosos traxes de flamenca e se respire elegancia no ambiente, en realidade cada un pon o que máis lle apeteza e co que máis cómodo se sinta.
Non dubides en poñer os teus vaqueiros se é o que queres; ninguén te vai mirar raro nin pensar que non vas acorde. Como poderás comprobar cando vaias, todo o mundo viste como lle peta e mesmo os traxes de flamenca son todos diferentes dependendo de quen o leve. Ao fin e ao cabo… a Feira é para pasalo ben!
Con permiso do vestido de flamenca, se hai un rei absoluto na feira, ese é o rebujito: viño manzanilla con refresco de limón. Unha mestura perfecta que se goza máis se se comparte con amigos, xa que o «rebujito» véndese por xerras para tomalo cos teus.
En canto á comida, as casetas da feira están cheas de delicias típicas da cociña española. Xamón ibérico, queixos curados, gambiñas, tortillas de patacas ou «salmorejo» son pratos indispensables neste evento.
Aínda que se hai algo típico da feira, é o «pescaíto frito». É máis, a primeira noite de feira chámase «El pescaíto» por serviren todas as casetas combinados de peixe fritido como inauguración da feira. Riquísimos bocados triscantes de pixotas, bocarte, luras… Que tal soa? Realmente ben!
Ademais, tamén hai doces típicos da Feira. Se che gusta o doce, non podes marchar sen probar os churros e os bolos de vento con chocolate. É costume entre os sevillanos comelos xusto cando marchan da feira, antes de durmir, sexa a hora que sexa. Úneste a este costume?
Ademais, se che apetece facer outras cousas que non sexa ir á Feira, tes que saber que durante esta semana o centro de Sevilla baléirase por completo. É dicir, é máis fácil ver Sevilla e coñecer os recunchos desta cidade marabillosa durante a Feira xa que todos os sevillanos están no Real.
Algo mellor que pasear polo centro dunha Sevilla sen xente? Aprecia todos os recunchos desta cidade con calma… é o teu momento!
A que esperas? Como ves, a Feira é a escusa perfecta para visitar Sevilla e descubrir toda a súa riqueza. Se estás buscando unha forma cómoda, fácil e rápida de viaxar, en Renfe poñémoscho fácil cos nosos trens AVE e Larga Distancia.
Consulta as nosas rutas. Déixate levar!