Granada

Legado andalusí e moito máis

 

Poñer un pé en Granada é notar de inmediato o seu inconfundible aroma árabe. Nesta cidade atoparás xoias Patrimonio da Humanidade como a Alhambra, que custodia toda a cidade. Cada recuncho de Granada agacha segredos que farán que caias rendido ante o seu patrimonio andalusí. 

Ás veces, pensar en Granada é pensar única e exclusivamente na Alhambra, e si, é marabillosa. O certo é que Granada ten moito máis que ofrecer que a Alhambra, nós contámoscho! 

Que ver en Granada

A Alhambra é, obviamente, un imprescindible de Granada (aínda que non único). Quedarás sen fala ao admirar a beleza, paz e harmonía que transmite cada unha das súas salas. A Alhambra non é só un edificio cheo de xardíns, correntes de auga e detalles xeométricos, senón que tamén foi unha cidade do Reino Nasarita. Aprecia cada detalle e toma o tempo que precises para pasear por un dos lugares máis máxicos do mundo.

Goza perdéndote polas calellas do Barrio del Albaicín, o máis antigo de Granada. Pasea polo barrio mentres a maxestosa Alhambra se asoma ao final das súas calellas intermitentemente. Visita algún dos miradoiros máis famosos e con mellores vistas da cidade, como o de San Nicolás. Quedarás marabillado!

No teu paseo polo Albaicín debes visitar o Sacromonte, unha das barriadas que forma parte do distrito. Aquí atoparás unha mestura de culturas árabes, xitanas e xudías que farán que vivas unha experiencia única.

No centro histórico de Granada atoparás monumentos que non podes deixar de ver como a Catedral, en pleno centro da cidade. Paseando atoparás outros lugares como a Capilla Real, Panteón de los Monarcas, e un pouco máis adiante, a xoia renacentista do Monasterio de San Jerónimo

Que facer en Granada 

Á parte de visitar lugares cheos de beleza e maxestosos, Granada é unha cidade onde poderás gozar de diferentes plans: 

Se che apetece un plan aventureiro e de montaña, a tan só 32 km de Granada atópase Serra Nevada, que ten a estación de esquí coa temporada máis longa de España.

Se es desas persoas que ata que non proba a gastronomía dun sitio non chega a sentir o contacto directo coa cidade, estás de sorte! Moitos bares de Granada regalan unha tapa por cada consumición líquida. Comida gratis? En Granada é posible! 

Visitaches xa moitos lugares e tes ganas de descansar? Temos a resposta! A tan só 30 minutos en coche atópase a Costa Tropical, onde poderás gozar de postas de sol e tranquilidade.

Como chegar a Granada en tren?

Aínda non te convencemos para que visites Granada? Pois ben, agora chega o mellor: viaxa cos trens AVE e Larga Distancia de Renfe para facer o teu camiño máis ameno, rápido, cómodo e sostible. A que esperas? Consegue os teus billetes con tempo para gozar das mellores ofertas e prezos! Consulta as nosas rutas.