Rumbo ao norte cara a Santiago de Compostela, cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Monumental e acolledora a partes iguais, esta cidade recibirate cos brazos abertos.
Propoñémosche descubrir a cidade do Camiño de Santiago como nunca antes. Segue a ler para coñecer todo o que ver en Santiago de Compostela e prepárate para unha excursión inesquecible!
Tradición universitaria, paixón pola natureza, peregrinación e un inmenso legado histórico danse a man nesta cidade que non deixa de sorprender a visitantes e locais.
Para empezar a coñecer esta cidade, centrarémonos na súa impoñente zona histórica que foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985. Acompáñasnos a descubrir os lugares imprescindibles que ver en Santiago?
Posiblemente este sexa o emblema máis representativo da cidade e non é de estrañar! Esta praza é o centro monumental de Santiago xa que nela se atopan os principais símbolos históricos:
Precisamente no interior da catedral atoparás o Museo Catedralicio onde poderás coñecer de primeira man a historia deste templo e obras de arte, pinturas ou tapices ligados a ela.
Máis alá da praza do Obradoiro, o centro histórico de Santiago ofrecerache todo un entretecido de rúas e calellas polas que che recomendamos perderte para descubrir todos os encantos da parte máis antiga e histórica da cidade. Aproveita e goza da gastronomía local mentres paseas pola famosísima Rúa do Franco ou Rúa do Vilar.
Busca tamén as míticas Entrerrúas e Oliveira, as rúas máis estreitas de Santiago. Estas pasaxes estreitas son todo un reto, xa que a parte máis estreita fai case imposible que dúas persoas poidan pasar ao mesmo tempo. Anímaste a percorrelas?
Este pulmón verde compostelán agacha moitas curiosidades que poucos coñecen. Percorre o paseo central e busca un asento en pedra en forma de media lúa.
O banco «dos murmurios» marabillarate pola súa acústica: ata o máis leve son de calquera cousa que toque na pedra resoará no teu oído coma un murmurio. O segredo está na súa forma cóncava e o material duro do que está feito. Proba a sentar nun extremo e escoitar un transeúnte ou un paxaro que estea no outro. Non é maxia, pero parece!
No teu paseo seguro que te cruzas con «As Marías». Unhas estatuas que renden homenaxe a dúas irmáns inesquecibles que, tras permanecer encerradas na súa casa durante a Guerra Civil, durante a posguerra pasearon xuntas polas rúas da capital compostelá con roupas e maquillaxe atípicos para a época. Hoxe en día, son consideradas un símbolo de rebeldía. Pasa a saudalas!
Se algunha vez fixeches o Camiño Francés, seguro que recordas divisar desde o alto deste monte por primeira vez a cidade de Santiago e, por suposto, á súa catedral. Pero ademais dun punto clave na peregrinación de moitos, este enclave é tamén un espazo natural no que gozar dunhas vistas privilexiadas e dar unha volta para gozar de natureza e tranquilidade desde as alturas.
Neste sentido, o Mercado de abastos é un dos puntos de referencia para descubrir a boa gastronomía que caracteriza a Galicia, en xeral, e a Santiago, en particular. Goza probando a cociña local nas tabernas dos arredores do mercado como na Rúas das Ameas ou da Praza de Santo Agostiño.
A alta velocidade chega a Galicia! Grazas a Renfe, agora tes máis trens, mellores conexións e menor tempo de viaxe, para que goces de xoias galegas como Santiago de Compostela.
Viaxar en tren entre Madrid e Galicia nunca foi tan fácil. Sube a bordo e deixa que te levemos! Consulta as nosas rutas.
Estás buscando unha experiencia diferente? Por que non coñecer Galicia subido nun dos nosos trens turísticos? Son a opción perfecta para os que buscan un turismo diferente no que poder empaparse ao máximo de toda a experiencia galega. Descúbreos!