Destino: el propio viaje

El placer del viaje
 

 

O tren é testemuña muda de todo tipo de historias, escenario de alegrías e tristuras, namoramentos e rupturas, encontros e despedidas; un lugar moi especial que está en todas partes e en ningures, porque está sempre en movemento, en constante cambio.

Toda unha experiencia

O tempo que dura un traxecto tamén é pura maxia, porque no tren os minutos e as horas pasan doutro xeito.

Un tempo que podes aproveitar para facer o que queiras: partillar, xogar cos teus fillos, ter esa conversa que quedou pendente... pero tamén ler o xornal, ver a túa serie favorita sen que ninguén te interrompa ou simplemente planificar o que farás cando chegues ao teu destino.

Tamén podes decidir empregar ese tempo como queiras, sen facer nada máis ca relaxarte, estar en silencio ou durmir. Sen présas. Tes liberdade total.

Un momento para gozar

Porque no tren mandas ti.

Apetéceche gozar da compañía doutros viaxeiros e compartir con eles o traxecto? Escapa ata coche cafetaría, bebe ou come algo e bota unhas risas. Prefires gozar dunha viaxe relaxada e sen ruídos? O teu lugar está no Coche en Silencio, un coche especial onde non están permitidos os teléfonos móbiles, onde se fala en voz baixa evitando conversas longas, a intensidade da iluminación e a megafonía están atenuadas e a temperatura sempre é perfecta.

Sexa cal sexa a túa elección, o tren dáche o que necesitas, acóllete, coida de ti.

Déixate levar

Os motivos da viaxe tamén poden ser moi diversos. Hai quen viaxa por traballo. Por pracer. Para ver aos seus. Para desconectar. Para coñecer lugares novos. E ti, por que viaxas?

Quizais sentes a necesidade imperiosa de fuxir ou simplemente che apetece cambiar de aires, ver caras novas, paisaxes distintas. Pode que queiras reencontrarte con alguén... ou contigo mesmo. Sexa cal sexa a túa historia, chegou o momento de marchar onde queiras, aínda que en realidade o destino sexa o de menos.

Senta comodamente e reláxate. Pola túa ventá verás paisaxes incribles: campos, montañas, vales, bosques, o mar... Xa non recordabas a sensación de non ter obrigas, non si? Levas contigo ese libro que tanto che gusta e a túa música favorita nun só toque no móbil. Por fin, tempo para ti. Non tes outra cousa que facer máis ca gozar do traxecto. Porque, ás veces, o destino que tanto desexas é a propia viaxe.
 

Garda o momento para a posteridade. Ti e a túa viaxe, a túa paisaxe, o teu tren. Compárteo