A túa viaxe con Renfe-SNCF en Cooperación
 

Cada cliente viaxa por diferentes motivos. O noso reto é conseguir ofrecerche, calquera que sexa o motivo da túa viaxe, un servizo eficiente e atención personalizada, co fin de que o traxecto sexa sempre o máis agradable e cómodo posible.

 

Restauración a bordo

 

Reláxate e goza da paisaxe mentres saboreas os produtos da nosa carta.

No noso coche cafetaría, propoñémosche unha carta de restauración coidadosamente seleccionada para ofrecerche os mellores produtos cun toque francés e español, pero tamén os grandes clásicos internacionais. Presenta diversas fórmulas para menús de tempada e outras suxestións, tanto en pratos quentes coma fríos. Tamén dispoñemos dun menú infantil. Os produtos seleccionados son da mellor calidade.

No noso coche cafetaría disporás de mesas e espazos para comer ou tomar un refresco. Pero se prefires quedar na túa praza, tamén dispoñemos dun servizo de bar móbil que che achegará parte dos artigos existentes na cafetaría. Entre os artigos dispoñibles hai refrescos, bebidas quentes e pratos fríos, así como aperitivos, bocadillos e petiscos. Permanece relaxado na túa praza e o noso persoal de a bordo pasará durante a viaxe.

 

Wifi e tomas de corrente

 

Grazas ao noso servizo de wifi gratuíta a bordo, accede a Internet e a unha gran variedade de contidos para facer que a túa viaxe en tren resulte aínda máis entretida.

Nos nosos trens poderás utilizar os teus dispositivos de entretemento ou de traballo segundo as túas necesidades. ​Utiliza os dispositivos con liberdade, pero procurando non molestar a outros viaxeiros (posición «silencio»; falar nas plataformas, etc.).

Esquécete ademais dos problemas de falta de batería: en todas as ringleiras dos nosos asentos hai tomas de corrente para que recargues os teus dispositivos.

 

 

Sala Club

 

As Salas club son áreas reservadas e exclusivas, para clientes con billete Preferente/1.ª Clase

Os clientes cunha tarxeta «Grand Voyageur» tamén deben ter un billete de clase Preferente/1.ª Clase para acceder ás Salas club. ​​​

Son espazos deseñados para facerche a agarda máis cómoda e confortable antes da saída do tren, onde atoparás un ambiente relaxado e estarás atendido polo noso persoal de terra.

Estas salas, climatizadas, poderán dispoñer de áreas de descanso e lectura, de traballo, de reunións, de lecer e de autoservizo de cafetaría. Todas estas áreas dispoñen da prestación gratuíta de wifi.

Lembra que a utilización das salas limítase á cidade de orixe, ao día da data indicada no teu billete e desde 2 horas antes da saída do tren.​

 

Persoal plurilingüe

 

O noso persoal de a bordo foi seleccionado para ofrecerche a mellor asistencia e servizo independentemente da túa nacionalidade.

Atoparás persoal capaz de axudarche en varios idiomas e ao que lle podes facer as túas preguntas e solicitar o seu servizo durante toda a viaxe.

Para facilitarche a viaxe, a megafonía a bordo realízase en diferentes idiomas dependendo do territorio polo que se circule: español, catalán, inglés e francés.

 

 

Asistencia

 

O servizo Atendo de Renfe e o de Access Plus de SNCF colaboran para ofrecer un servizo de gratuíto de asistencia ás persoas con mobilidade reducida (tanto permanente coma temporal) dende o inicio ata o final da súa viaxe.

A cooperación entre estes dous servizos garante que os clientes de Renfe-SNCF en Cooperación sexan atendidos, tanto no territorio español coma no francés.

Trátase dun servizo especializado que orienta, informa e facilita ao viaxeiro con mobilidade reducida o acceso e tránsito polas estacións, así como a asistencia para subir e baixar dos trens. O persoal de Atendo e Acces Plus está integrado por persoas debidamente formadas, capacitadas e sensibilizadas coa atención a persoas con discapacidade.

SERVIZOS ADICIONAIS PARA AS PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

​Servizos adaptados durante o traxecto:

  • Aseos adaptados cun timbre para avisar ao persoal de a bordo no caso de que haxa algún problema.
  • Persoal de acompañamento dispoñible durante a viaxe: o noso persoal de a bordo atenderá as necesidades específicas que poidan xurdir durante a viaxe.
  • Prazas específicas para viaxeiros en cadeiras de rodas:
    • nos trens TGV INOUI hai 2 prazas específicas situadas na planta baixa do primeiro coche Preferente/1.ª Clase (coche 1 ou 11). Pódese facer a viaxe na propia cadeira de rodas ou solicitar o traslado a unha butaca.
    • Nos trens AVE hai 2 prazas situadas no coche 8 de Turista/2.ª Clase. A viaxe realizarase na propia cadeira de rodas. Aqueles clientes que utilicen unha cadeira de rodas encartable e queiran cambiarse, poden viaxar en calquera praza regular, solicitando asistencia á Oficina Central de Atendo (OCA) de Renfe.

​Cando se nos solicita unha praza específica para un viaxeiro en cadeira de rodas nos nosos trens, créase automaticamente a solicitude de asistencia ao servizo Atendo/Accès Plus.

Can guía: viaxa acompañando aos seus donos de balde e sen billete en todos os nosos trens.
​​
INFORMACIÓN DE CONTACTO

As persoas con mobilidade reducida que viaxan nunha praza regular poden solicitar a asistencia de Atendo/Accès Plus con 48 horas de antelación sobre a hora de saída do tren da
estación de orixe en:

  • Atendo (Renfe) España: +34 912 140 505 / oca.accesibilidad@renfe.es
  • Accès Plus (SNCF) Francia: +33 (0) 890 640 650 / accesplus@sncf.fr



 

Equipaxes

 

Viaxando connosco, a equipaxe xa non é un problema. 

​​Aceptamos como equipaxe os bolsos de man, maletas, bolsas de viaxe e mochilas sempre e cando non superen os 3 vultos e non excedan 290 cm nin superen as dimensións de 85x55x35
cm, cada un deles
. O peso total dos 3 vultos ten un límite de ata 25 Kg.

Forman parte tamén da equipaxe de man, sempre que non superen os 46x70 cm e pesen 30 kg ou menos:

  • ​Esquís, cadeiras de bebé e bolsa de golf.
  • Táboa de surf que non supere os 120x90 cm (deberán situarse nos lugares específicos previstos para a equipaxe, para evitar molestias ao resto de pasaxeiros).
  • ​Cadeiras de rodas.

 

Viaxar con animais domésticos

Os animais domésticos que se poden levar a bordo dos trens son cans, gatos, furóns e aves (non de curral). O peso non pode exceder os 10 kg e deben levarse nunha gaiola ou similar que non supere as dimensións de 60x35x35 cm e que permita conter e retirar os residuos.​ 

Só se permite levar un animal por viaxeiro e é necesario dispoñer dun billete para o animal. O prezo do billete para un animal doméstico é de 15 € para todos os traxectos. ​​​​

Se a mascota é un can guía: viaxa de balde e sen billete en todos os nosos trens.​