Ofrecémosche unha gama de tarifas sinxela, facilmente comprensible e baseada no grao de flexibilidade que queres para a túa viaxe: ESENCIAL ou FLEXI.
A tarifa Esencial está pensada para os clientes que non teñen intención de modificar a súa viaxe. Pero se xorde un problema, pódese anular a viaxe cun 50 % dos gastos ata a saída do tren.
Pensada para os clientes que necesitan un flexibilidade máxima ata o último momento: ata 24 horas antes da saída do tren, poderás cancelar o teu billete de balde e, se o tiveses que cancelar nas últimas 24 horas, só pagarías o 10 % en concepto de gastos de xestión.
Os menores de 14 anos dispoñen dun 40 % de desconto sobre a tarifa Flexi ou Esencial adquirida polo adulto e coas mesmas condicións ca este en caso de anulación.
Os nenos menores de 4 anos poden viaxar de balde, compartindo a praza coa persoa que os acompañe.
Renfe-SNCF en Cooperación ofrécelle aos mozos de entre 14 anos feitos e 26 anos sen facer un 30 % de desconto sobre a mellor tarifa dispoñible.
Para poderte beneficiar desta redución é necesario que dispoñas dun destes documentos:
-Tarjeta +Renfe Joven
-Carné Xove emitido por calquera das Comunidades Autónomas do Estado español
-Carné Xove asociado a tarxetas bancarias emitidas por entidades financeiras colaboradoras
-European Youth Card, carné xove emitido no estranxeiro nos países asociados á EYCA (European Youth Card Association)
-Carné Internacional de estudante ISIC (International Student Identity Card)
-Carné internacional de viaxes para mozos GO 25 (IYTC) administrada pola Confederación Internacional de Viaxes para Estudantes (ISTC) e recoñecida pola UNESCO como documento para a mobilidade xuvenil
A oferta Renfe-SNCF en Cooperación está pensada para ofrecer as mellores comodidades de viaxe para todos. Para facilitar as viaxes das persoas con discapacidade, propoñemos unha tarifa con 50 % de desconto para o seu acompañante, sobre a tarifa Flexi ou Esencial que adquiriu a persoa con discapacidade e coas mesmas condicións que estas en caso de anulación.
Ofrecémosche a oportunidade de viaxar tranquilamente coa túa mascota. Lembra que só está permitido o transporte de animais cun máximo de 10 kg e que deberán viaxar nunha gaiola, para evitar molestias ao resto de pasaxeiros. O prezo do billete para un animal doméstico é de 15 € para todos os traxectos.
Reservando coa máxima antelación posible, obterás os nosos mellores prezos calquera que sexa a tarifa escollida.