Trens turísticos e de luxo

Das paisaxes inigualables do norte de España ao embruxo e a cor de Andalucía, pasando polas terras castelánleonesas, a súa historia e a súa tradición. Os Trens Turísticos e de Luxo de Renfe percorren toda a xeografía española, mantendo sempre os seus signos de identidade: máximo confort, gastronomía de primeiro nivel, visitas guiadas exclusivas e unha atención personalizada, todo incluído. E a bordo de auténticas xoias ferroviarias cheas de historia, como o Transcantábrico Gran Lujo, Tren al-Ándalus, Costa Verde Express ou o Expreso de La Robla.

Unha experiencia única, para amantes dos clásicos viaxes en tren do século pasado. É o momento de vivir a viaxe dos teus soños.

 

Incentivos, reunións, rodaxes… Aproveita os nosos prezos especiais para viaxes de grupo nos Trens turísticos de luxo de Renfe.
Pídenos orzamento sen compromiso!


 


O Transcantábrico Gran Lujo

Un auténtico hotel de luxo sobre raís no norte

Imaxina un hotel de luxo con raíis que che devolva á nostalxia e ao encanto dos trens do século XX, pero coa tecnoloxía e o confort do século XXI. O Transcantábrico Gran Lujo é comodidade, glamour, gastronomía, cultura, descanso e diversión. Oito días de luxo e unha viaxe polo tempo que nunca esquecerás.

Descubre o Transcantábrico Gran Lujo


Costa Verde Express

Unha viaxe gastronómica e cultural pola España Verde

Apetéceche unha viaxe gastronómica e cultural pola España Verde, percorrendo o País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia a bordo dun tren de luxo? Revive a época dourada das grandes viaxes en ferrocarril, con todas as comodidades e atencións propias do século XXI. Isto e moito máis é o Costa Verde Express. Unha viaxe de seis días para gozar con todos os sentidos.

Descubre o Costa Verde Express


Tren al-Ándalus

Toda a esencia andaluza nun palacio sobre rodas

O Tren al-Ándalus ofrece o privilexio de viaxar nun palacio sobre rodas. Un tren que evoca a Belle Époque, inigualable en comodidade, elegancia e amplitude. Os seus coches contan cunha longa historia de luxo e sofisticación ás súas costas. Déixate levar polo meigallo e tradición de Andalucía, nunha viaxe de sete días que quererás repetir.

Descubre Tren Al-Ándalus

Expreso de La Robla

O Camiño de Santiago francés a bordo dun tren clásico

Comodidade, gastronomía e un servizo de alta calidade son as claves deste tren clásico. Prepárate para unha viaxe á natureza e a cultura do Camiño de Santiago francés, con este percorrido de fin de semana polas terras castelá-leonesas, entre Bilbao e León.

Descubre o Expreso de La Robla

Fai realidade a viaxe dos teus soños, os Trens turísticos e de luxo agardan por ti.