Tren al-Ándalus: Itinerarios
 

  • SEVILLA: Hotel Taberna del Alabardero. Zaragoza n.º 20 - Casco Antiguo - Tlf. +34 954502721
  • MÁLAGA: AC Hotel by Marriott Málaga Palacio. Cortina del Muelle n.º 1 - Distrito Centro - Tlf. +34 952215185

Tempada 2024

Ruta Andaluza: Sevilla – Málaga (7 días – 6 noites)

Datas de saída desde Sevilla, tempada 2024:

  • Marzo: 31
  • Abril: 14 e 28
  • Maio: 12 e 26
  • Xuño: 16
  • Setembro: 1, 15 e 29
  • Outubro: 13 e 27

Primeiro día, domingo: Sevilla – Xerez

Recepción dos viaxeiros en Sevilla, Hotel Taberna del Alabardero, ás 10:00 h. Posteriormente, visitaremos a capital de Andalucía, que conta coa zona histórica máis extensa de España. Tralo xantar, gozaremos dunha panorámica da cidade, antes de subir a bordo do Tren Al Ándalus. Brinde de benvida no tren, presentación da tripulación e acomodo. Cea a bordo mentres o tren chega a Xerez (noite en Xerez). 

Segundo día, luns: Xerez – Cádiz – Xerez

Despois de almorzar, partiremos co noso autocar a visitar Cádiz, popularmente coñecida como a «Cunquiña de prata» e considerada a cidade máis antiga de Occidente. Visita e tempo libre para mergullarnos ao noso aire no encanto gaditano. Xantar. Pola tarde regresaremos a Xerez. Tempo libre, cea e noite en Xerez.
 

Terceiro día, martes: Xerez – Ronda

Despois do almorzo, visitaremos unha adega de viño de Xerez e gozaremos tamén do espectáculo «Como bailan os cabalos andaluces», célebre ballet ecuestre con música española. Comida a bordo, camiño de Ronda. Cea nun restaurante de Ronda e noite en Ronda. 
 

Cuarto día, mércores: Ronda – Córdoba

Despois do almorzo, visitaremos Ronda coa súa impresionante localización, asentada sobre unha meseta cortada polo profundo Tajo de Ronda, polo que discorre o río Guadalevín. Comida a bordo mentres o tren chega a Córdoba. Visita, cea e noite en Córdoba.
 

Quinto día, xoves: Córdoba – Úbeda – Baeza – Granada

Despois do almorzo a bordo, visitaremos a mesquita-catedral e continuaremos a visita da que foi capital do emirato e o califato medieval de al-Ándalus, cando chegou a ser a cidade máis grande, culta e opulenta do Occidente europeo. Xantar. Posteriormente, chegaremos en tren á estación de Linares – Baeza para visitar Úbeda e un muíño de aceite ou «almazara» en Baeza, ambas as dúas cidades declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Á noitiña, durante a cea, chegaremos a Granada. Noite en Granada.
 

Sexto día, venres: Granada

Despois do almorzo, achegarémonos ao monumento máis visitado de España, un rico complexo palaciano construído polos soberanos nasarita do Reino de Granada (O horario de visita da Alhambra pode variar en función do número de persoas do grupo, idiomas e das autorizacións dos responsables do complexo palaciano). Xantar. Pola tarde continuaremos coa visita a Granada. Cea e noite en Granada.
 

Sétimo día, sábado: Granada – Málaga

Despois de gozar do noso último almorzo a bordo, despedirémonos do tren e a súa tripulación para achegarnos co autocar a Málaga, onde visitaremos a súa Alcazaba, fortificación palaciana da época musulmá. Tempo libre e comida en Málaga. 

Remataremos viaxe no AC Hotel by Marriott Málaga Palacio, aproximadamente contra as 17:00 h. 
 

 

Ruta Andaluza: Málaga – Sevilla (7 días – 6 noites)

Datas de saída desde Málaga, tempada 2024:

  • Abril: 7 e 21
  • Maio: 5 e 19
  • Xuño: 2 e 23
  • Setembro: 8 e 22
  • Outubro: 6 e 20
  • Novembro: 3

Primeiro día, domingo: Málaga – Granada

Recepción dos viaxeiros no AC Hotel by Marriot Málaga Palacio ás 10:00 h. Posteriormente, visitaremos a cidade de Málaga e a súa alcazaba, fortificación palaciana da época musulmá. Comida en Málaga. Pola tarde, co autocar, chegaremos Granada onde nos espera o tren e a súa tripulación. Benvida e acomodo a bordo do tren al-Ándalus. Cea e noite en Granada. 

Segundo día, luns: Granada – Linares/Baeza

Despois do noso primeiro almorzo a bordo, achegarémonos ao monumento máis visitado de España, un rico complexo palaciano construído polos soberanos nasarita do Reino de Granada. (O horario de visita da Alhambra pode variar en función do número de persoas do grupo, idiomas e das autorizacións dos responsables do complexo palaciano). Xantar. Pola tarde continuaremos coa visita a Granada. Cea a bordo mentres o tren chega a Linares/Baeza. Noite en Linares/Baeza.
 

Terceiro día, martes: Linares/Baeza – Úbeda – Baeza – Córdoba

Despois do almorzo, visitaremos Úbeda, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Visita a un muíño de aceite ou ­«almazara» en Baeza e cata de aceite. Mentres xantamos, o tren chegará a Córdoba. Visita da que foi capital do emirato e o califato medieval de al-Ándalus, cando chegou a ser a cidade máis grande, culta e opulenta do Occidente europeo. Cea e noite en Córdoba. 
 

Cuarto día, mércores: Córdoba – Ronda

Despois do almorzo a bordo, visitaremos a mesquita-catedral e continuaremos co tren cara a Ronda. Comida a bordo. Pola tarde, realizaremos unha visita a Ronda coa súa impresionante localización, asentada sobre unha meseta cortada polo profundo Tajo de Ronda, polo que discorre o río Guadalevín. Cea nun restaurante e noite en Ronda.
 

Quinto día, xoves: Ronda – Xerez

Mentres almorzamos, o tren chegará a Xerez, onde visitaremos unha adega de viño de Xerez e gozaremos tamén do espectáculo «Como bailan os cabalos andaluces», célebre ballet ecuestre con música española. Comida en Sanlúcar de Barrameda e tempo libre. Cea a bordo do tren. Noite en Xerez.
 

Sexto día, venres: Xerez – Cádiz – Xerez

Despois de almorzar, o noso autocar levaranos a Cádiz, popularmente coñecida como a «Cunquiña de prata» e considerada a cidade máis antiga de Occidente. Visita, tempo libre e comida en Cádiz. Cea e noite en Xerez.
 

Sétimo día, sábado: Xerez – Sevilla

Mentres almorzamos, chegaremos a Sevilla onde nos despediremos da tripulación; a continuación, visita a Sevilla, que conta coa zona histórica máis extensa de España. Cidade Patrimonio da Humanidade, de gran riqueza artística e fermosos xardíns. Comida e fin de viaxe no Hotel Taberna del Alabardero, arredor das 17:00 h.