Costa Verde Express: O tren
 

O tren

Os salóns e cuartos coidadosamente remodelados do Costa Verde Express fan de cada viaxe unha experiencia inesquecible de descanso, confort e diversión.

Todo o tren, tanto cuartos coma zonas comúns, está conectado interiormente permitindo o libre tránsito dos viaxeiros.

Suite Gran Clase

Coqueto cuarto con revestimento de madeira, que crea un ambiente cálido e acolledor.

Dispón de cama de matrimonio (1,20 m x 1,85 m), escritorio, armario roupeiro, maleteiro, minibar e caixa forte. Está climatizado con regulador independente e conta cun completo baño privado, secador de pelo e un variado xogo de artigos de benvida e aseo.
 

Coches salón

Os cuartos do Costa Verde Express son espazos elegantes e evocadores, onde podes degustar o almorzo, xantar ou cea, gozar dunha copa ou parolar cos compañeiros de viaxe.

Nestas zonas comúns sérvense diariamente os almorzos e o xantar ou cea elaborados polo noso chef. O coche bar permanece aberto desde primeira hora da mañá ata a madrugada. No coche pub ofrécense festas, música ou actuacións en directo todas as noites.