Costa Verde Express: Itinerarios
 

Tempada 2024

VIAXES REGULARES (6 días/5 noites)

Ruta España Verde: Bilbao – Santiago de Compostela (6 días – 5 noites)

Datas de saída desde Bilbao, tempada 2024:

  • Maio (tempada alta): 18
  • Xuño (tempada alta): 1, 15 e 29
  • Xullo (tempada baixa): 13
  • Setembro (tempada alta): 7 e 21
  • Outubro (tempada baixa): 5

 

Primeiro día (sábado): Bilbao – Santander

Recepción na estación de Bilbao – Concordia ás 10:00 h a bordo do tren, presentación da tripulación e acomodo. Panorámica da cidade e visita do Museo Guggenheim. Comida a bordo mentres o tren parte rumbo a Santander. Pola tarde, visita da cidade, tempo libre e cea nun dos restaurantes da cidade. Noite en Santander.

Segundo día (domingo): Santander – Llanes

Mentres almorzamos a bordo do tren chegaremos a Cabezón de la Sal, onde o noso autocar nos achegará a visitar a neocova de Altamira e a vila medieval de Santillana del Mar. Xantar en Santillana del Mar. Despois da comida, co tren entraremos en terras asturianas ata Llanes (visita). Cea a bordo e noite en Llanes.

Terceiro día (luns): Llanes – Oviedo

Despois do almorzo partiremos co noso autocar á primeira capital do Reino Astur, Cangas de Onís; a continuación, entraremos no corazón dos Picos de Europa, Santuario de Covadonga e o lago Enol. Posteriormente, regresaremos ao tren que porá rumbo a Oviedo mentres xantamos. Visita a Oviedo. Cea e noite en Oviedo.

Cuarto día (martes): Oviedo – Luarca

Despois do almorzo, visitaremos Xixón, cidade aberta ao mar e chea de dinamismo; tempo libre e xantar en Xixón. Pola tarde, co tren chegaremos a Luarca: visita, cea a bordo e noite en Luarca.

Quinto día (mércores): Luarca – Viveiro

Mentres almorzamos, chegaremos a Ribadeo, primeiro enclave galego na nosa ruta. Visita, tempo libre e comida en Ribadeo. Pola tarde, co tren chegaremos a Viveiro. Visita, cea e noite en Viveiro.

Sexto día (xoves): Viveiro – Santiago de Compostela

No noso derradeiro día, mentres almorzamos chegaremos a Ferrol, onde nos despediremos da tripulación e partiremos co noso autocar á capital galega, Santiago de Compostela. Visita e xantar no Parador dos Reis Católicos, onde nos despediremos cara ás 16:00 h.

 

Ruta España Verde: Santiago de Compostela – Bilbao (6 días – 5 noites)

Datas de saída desde Santiago de Compostela, tempada 2024:

  • Maio (tempada alta): 25
  • Xuño (tempada alta): 8 e 22
  • Xullo (tempada baixa): 6 e 20
  • Setembro (tempada alta): 14 e 28
  • Outubro (tempada baixa): 12

Primeiro día, sábado: Santiago de Compostela – Viveiro

Recepción no Parador Nacional dos Reis Católicos de Santiago de Compostela ás 10:00 h. Visita a Santiago e comida. Pola tarde, co noso autocar chegaremos a Ferrol onde nos estará agardando o noso tren. Presentación da tripulación e acomodo. Visita a Viveiro, tempo libre, cea e noite en Viveiro.

Segundo día, domingo: Viveiro – Oviedo

Mentres almorzamos a bordo do tren, este chegará a Ribadeo: visita, tempo libre e xantar en Ribadeo. Pola tarde chegaremos co tren ao primeiro enclave Asturiano, Luarca, a vila branca da costa verde. Visita. Cea a bordo e noite en Oviedo.

Terceiro día, luns: Oviedo – Llanes

Despois do almorzo, colleremos o noso autocar para visitar Xixón. Pola tarde, achegarémonos a visitar a capital do Principado: Oviedo. Visita e tempo libre. A última hora da tarde, co tren, poñeremos rumbo a Llanes. Cea a bordo e noite en Llanes.

Cuarto día, martes: Llanes – Cabezón de la Sal

Despois de almorzar, partiremos co noso autocar ao corazón dos Picos de Europa: Santuario de Covadonga, lago Enol e a primeira capital do Reino Astur, Cangas de Onís. Xantar. Pola tarde, visitaremos a vila de Llanes, para partir posteriormente cara a terras cántabras: cea a bordo e noite en Cabezón de la Sal.

Quinto día, mércores: Cabezón de la Sal – Santander

Despois do almorzo, achegarémonos a visitar a neocova de Altamira e a vila medieval de Santillana del Mar. Despois do xantar, chegaremos co tren a Santander. Visita, tempo libre e cea nun típico restaurante. Noite en Santander.

Sexto día, xoves: Santander – Bilbao

Durante o almorzo, o tren avanzará ata terras vascas, chegando á capital biscaíña, Bilbao. Visita e xantar. Despois do xantar, dirixirémonos novamente á estación de La Concordia, onde finalizará a viaxe arredor das 16:00 h.

 

MICROVIAXES (3 días/2 noites)

Especial microviaxe: Oviedo-Bilbao (3 días-2 noites)

Datas de saída desde Oviedo, tempada 2024:

  • Maio: 1
  • Setembro: 4

Primeiro día: Oviedo-Picos de Europa-Llanes

Recepción a bordo do tren na estación de Oviedo ás 10:00 h. Acomodo a bordo e posterior visita da zona histórica de Oviedo. Mentres comemos a bordo do tren chegaremos a Arriondas, desde onde partiremos co noso autocar aos Picos de Europa; Lagos de Covadonga, Santuario e Cangas de Onís, primeira capital española trala reconquista. Cea e noite en Llanes. 

Segundo día: Llanes-Santillana-Santander

Durante o almorzo o tren chegará a Cabezón de la Sal, desde onde partiremos para visitar a neocova de Altamira, museo e reprodución fidedigna deste máximo expoñente da arte rupestre do Paleolítico Superior. Despois, Santillana del Mar, vila coa súa zona histórica medieval magnificamente conservada. Despois do almorzo, dirixirémonos en tren cara a Santander, a elegante capital de Cantabria, visita e tempo libre. Cea e noite en Santander. 

Terceiro día: Santander - Bilbao

Durante o almorzo, o Costa Verde Express emprende rumbo a Bilbao; á nosa chegada despedímonos da tripulación e do tren para visitar esta cidade plena de dinamismo, que soubo reinventarse despois do declive da súa tradicional industria pesada. A visita á cidade inclúe a entrada ao famoso Museo Guggenheim, símbolo deste novo Bilbao. Tras a visita finalizaremos viaxe aproximadamente ás 14:00 h na estación da Concordia. 

 

 

Especial microviaxe: León-Bilbao (3 días-2 noites)

Datas de saída desde León, tempada 2024:

  • Maio: 9

Primeiro día: León-Valporquero-Cistierna

Recepción do grupo ás 10:00 h no Hotel Real Colegiata de San Isidoro de León. Visita da monumental cidade de León e comida. A primeira hora da tarde colleremos o tren en San Feliz. Presentación da Tripulación e acomodo a bordo mentres o Costa Verde Express chega a Matallana. Pola tarde co autocar atravesando as espectaculares Hoces de Vegacervera chegaremos a Valporquero para visitar as súas covas, famosas polas súas estalactitas, estalagmitas e coladas de caprichosas formas. A continuación, regresaremos ao tren para poñer rumbo cara a Cistierna, onde cearemos e pasaremos a noite.  
 

Segundo día: Cistierna-Románico Palentino-Espinosa de los Monteros

Mentres gozamos do primeiro almorzo a bordo, o tren levaranos a Guardo, en terras palentinas. Desde aquí, achegarémonos en autobús a visitar a vila romana de La Olmeda coa súa magnífica colección de mosaicos, antes de descubrir un dos mellores conxuntos de arte románico de Europa, en pleno Camiño de Santiago. Saldaña, Carrión de los Condes e Frómista, onde xantaremos. Despois de visitar o impresionante templo de San Martín e o Canal de Castilla, dirixirémonos de novo ao tren para trasladarnos a Espinosa de los Monteros, unha fermosa vila de Las Merindades burgalesas, onde cearemos e faremos noite. 

Terceiro día: Espinosa de los Monteros-Bilbao

Mentres almorzamos atravesaremos a incrible paisaxe do Val de Mena para chegar a Balmaseda. Breve visita desta vila das encartacións, antes de chegar co autocar a Bilbao. Visita á cidade e ao seu universalmente coñecido Museo Guggemheim. Tempo libre, para rematar a viaxe aproximadamente ás 14:00 horas na estación da Concordia. 

 

Especial microviaxe: Bilbao-Oviedo (3 días-2 noites)

Datas de saída desde Bilbao, tempada 2024:

  • Xullo: 26
  • Outubro: 18

Primeiro día: Bilbao-Santander

Recepción dos viaxeiros na Estación da Concordia (Bilbao) ás 14:00 h. Recollida de equipaxes e acomodo a bordo do tren Costa Verde Express. Copa de benvida mentres o tren pon rumbo a Santander. Visita da cidade e tempo libre. Cea e noite en Santander. 
 

Segundo día: Santander-Santillana-Llanes

Mentres almorzamos o tren chegará a Cabezón de la Sal, desde onde partiremos para visitar a neocova de Altamira e despois a vila medieval de Santillana del Mar. Comida a bordo mentres o tren pon rumbo a Llanes. Visita, cea e noite en Llanes. 

Terceiro día: Llanes-Picos de Europa-Oviedo

Despois do almorzo, co autocar, ascenderemos a visitar o Santuario de Covadonga e os lagos; a continuación, Cangas de Onís, primeira capital do Reino Astur. Xa no tren, comida a bordo mentres o Costa Verde Express pon rumbo ao noso destino final, Oviedo, onde remataremos viaxe na estación de Renfe de Oviedo aproximadamente cara ás 18:00 h.