VIAXES REGULARES (6 DÍAS/5 NOITES)

  • Aloxamento en Suite Gran Clase a bordo do tren (cama de 120 cm x 185 cm)
  • Copa e aperitivo de benvida
  • Paquete – Agasallo (neceser con produtos de aseo e zapatillas)
  • Auga mineral sen custo.
  • Todos os almorzos.
  • Todas as ceas e xantares, da máis selecta gastronomía, a bordo do tren ou en restaurantes de primeira categoría (incluído viño, auga, refrescos e café)
  • Actividades a bordo: música e actuacións en directo, festas no coche pub, baile e moito máis
  • Entradas a museos, monumentos e espectáculos
  • Excursións e visitas programadas
  • Festa de gala fin de viaxe

A túa viaxe tamén inclúe autobús de luxo, que acompaña o tren durante todo o percorrido, para facilitar os desprazamentos nalgunhas visitas e excursións. Todos os días, terás ao teu dispor os principais xornais e revistas d mercado, tanto nacionais coma internacionais. O noso guía multilingüe converterase nun compañeiro inseparable durante toda a viaxe, xunto co resto do equipo (xefe de expedición, guía, camareiros, cociñeiros e persoal técnico).

Polas noites, podes descansar tranquilo. O tren permanece estacionado ata a primeira hora da mañá, para facilitar o descanso. Ademais, as estacións de parada permanecerán abertas e contan con servizo de seguridade.

Queremos que goces da túa viaxe desde antes de comezar. Por iso, como cortesía, ofrecemos gratuitamente os desprazamentos en trens regulares de Renfe, un ata o punto de inicio do itinerario turístico e outro de volta desde o punto final da viaxe turística.

Ademais, poderá facer uso das salas Club das estacións, tanto na viaxe de achegamento de ida como na de volta.

Outros servizos dispoñibles no tren a conta do cliente son: lavandaría e servizo de bar.
 

VIAXES MINI (4 DÍAS/3 NOITES)

  • Aloxamento a bordo nunha suite Gran Clase.
  • Todas as suites dispoñen de baño completo privado.
  • Todos os salóns do tren permanentemente abertos á disposición do cliente as 24 h do día.
  • 3 almorzos.
  • 3 ceas e 4 comidas a bordo do tren ou en restaurantes de primeira categoría (inclúe bebidas, viños e café).
  • Neceser con útiles de aseo e zapatillas.
  • Auga mineral
  • Actividades a bordo como música e actuacións en directo, festas no coche pub, baile etc.
  • Entradas a museos, monumentos e espectáculos .
  • Excursións e visitas programadas e guiadas.
  • Autocar de luxo que acompaña o tren en todo o percorrido.
  • Taxas e servizos.
  • Prensa diaria e revistas.
  • Servizo de seguridade.
  • Guía acompañante multilingüe durante todo o percorrido.
  • Un excelente equipo humano ao teu dispor