Imaxina un tren de luxo onde poidas gozar e relaxarte durante seis días e cinco noites, converténdoo na túa sala de estar, o teu transporte, o teu lugar de encontro, o teu restaurante, o teu cuarto ou a túa pista de baile. No que cada días espertarás nun lugar diferente con paisaxes únicas desde a comodidade do teu cuarto ou de calquera dos nosos evocadores salóns.
Durante o día, cando esteamos realizando as nosas visitas, recomendamos roupa e zapatos cómodos. Pola noite podes optar por unha vestimenta máis formal.
Despois da cea, poderás gozar dunha velada de lecer. Todas as noites hai actuacións en directo ou baile a bordo. Tamén podes optar por tomar algo máis tranquilamente noutro dos coches salón, saír dar un paseo pola localidade onde nos atopemos ou retirarte máis cedo á intimidade do teu cuarto.
Para facilitar o descanso, unha vez finalizado o día, o tren permanece parado na estación durante a noite.
A viaxe no Costa Verde Express é tamén un percorrido pola mellor gastronomía de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, recoñecida en todo o mundo pola calidade dos seus profesionais e as súas materias primas.
O exquisito buffet dos nosos almorzos compleméntase coa atención personalizada dos nosos camareiros. As especialidades locais están presentes durante a viaxe, facendo que cada día comece de forma diferente e orixinal tamén na mesa.
Para o xantar e a cea, altérnase a restauración a bordo nos elegantes salóns de tren cunha selección dos mellores restaurantes. Unha apetitosa proposta culinaria, regada cos mellores viños das denominacións de orixe vinícolas do norte de España.
Toda a tripulación do Costa Verde Express está ao teu dispor as vinte e catro horas do día, capacitados para ofrecer atención personalizada en varios idiomas. O equipo está dirixido por un xefe de expedición, que levará as rendas deste cruceiro ferroviario, garantindo un servizo de máxima calidade dentro e fóra do tren.