O Expreso de La Robla: O tren

O tren

A acolledora decoración clásica do Expreso de La Robla convida a relaxarse e gozar do pracer da viaxe, tanto nos seus compartimentos de liteiras coma nos seus cómodos coches salón.

Todo o tren está conectado internamente facilitando o libre tránsito dos viaxeiros.

Cuarto estándar

Compartimento con dúas camas liteiras e cuarto de baño completo, no que cada centímetro está aproveitado ao máximo para gozar de todas as comodidades.

Dispón de dúas camas liteiras (0,70 x 1,80 m, cada unha), armario roupeiro, luz de lectura, climatización regulable e cuarto de baño propio, con ducha de hidromasaxe, lavabo, inodoro e secador de pelo.
 

Coches salón

Os tres coches salón do Expreso de La Robla constitúen os espazos comúns nos que transcorre a vida diaria.

Aquí sérvense almorzos buffet e pódese pasar tempo libre lendo a prensa diaria, revistas ou algún libro da nosa biblioteca. Tamén ten televisor e videoteca. O coche bar permanece aberto desde primeira hora da mañá ata a madrugada.