Todos os viaxeiros deberán ter documentación que acredite a súa identidade. No caso dos estranxeiros, a documentación requirida para viaxar nos trens é a mesma que se require para entrar a España desde o país de orixe. En canto aos españois, poderán identificarse co seu documento de identidade ou pasaporte nacional.
En España a moeda de curso legal é o euro. Non existe obriga ningunha de dar propinas.
En España, os medicamentos deben adquirirse en farmacias. Se procedes dun país comunitario ou estado que mantén acordos con España, beneficiaraste das mesmas prestacións farmacéuticas que os españois. A bordo, todos os trens dispoñen dun kit de primeiros auxilios. Ademais, estamos en continuo contacto cos centros de saúde situados ao longo dos diferentes percorridos, por se algún viaxeiro precisase atención médica.
Para viaxar a España non fai falta vacinarse contra ningunha enfermidade, aínda que, coma en calquera parte do mundo, recoméndase ter actualizada a vacina antitetánica, o calendario oficial de vacinas e as vacinas da COVID.
En España está prohibido fumar en todos os espazos públicos pechados (incluídos vehículos de transporte público ou colectivo). Así pois, sempre que o viaxeiro se atope a bordo e, consonte a lexislación vixente, non poderá fumar. Non obstante, os desprazamentos en tren non superan as 3-4 horas de viaxe.
En termos xerais, España é un dos países máis seguros de Europa para os turistas que nos veñen visitar. A bordo, os nosos trens dispoñen dunha caixa forte, así como de vixilancia en todas as estacións do percorrido.
O Expreso de La Robla conta con conexión wifi nos salóns. Tamén dispón dun ordenador, dende o que os viaxeiros poden acceder a internet, consultar o seu correo electrónico, etc. (conexión suxeita a cobertura do operador).
Para comunicacións telefónicas, se desexas chamar a outro país de España, deberás marcar o 00 seguido do código do país e o número de teléfono. Se desexas chamar a un número de teléfono español dende o estranxeiro, deberás marcar +34 (código de España) e, a continuación, o número de teléfono que consta de 9 díxitos.
Para os estranxeiros que queiran utilizar o móbil, recomendámoslles que antes de viaxar, se poñan en contacto co seu operador para activar o servizo de itinerancia internacional («roaming») e consulten as tarifas.
Trenes Turísticos de Lujo só dispón do Seguro Obrigatorio de Viaxeiros (SOV), polo que se recomenda a contratación dun seguro particular de viaxe, que cubra posibles gastos de cancelación, accidentes fóra do tren, extravío ou rotura de equipaxes, enfermidade ou similar.
Todos os trens turísticos de luxo, aínda que remodelados e equipados coas últimas tecnoloxías, son trens históricos e de época, polo que o seu interior non está habilitado e é imposible a circulación dunha cadeira de rodas ou un andador. Polo tanto, non son trens accesibles. Se se trata dunha persoa con mobilidade reducida e só require o apoio da cadeira de rodas fóra do tren, entón si será posible que viaxe, sempre que conte coa colaboración dun acompañante.
Só o Transcantábrico Gran Lujo e a Suite Deluxe do Tren al-Ándalus dispoñen de espazo abondo para que os pais poidan acomodar un pequeno berce de viaxe que eles mesmos deben traer ou para dispoñer unha terceira cama supletoria.
Non obstante, podes consultar as nosas Condicións Xerais de Contratación no apartado de Menores.
Non se admiten animais de compañía, agás cans guía que acompañan ao seu dono.
A subministración de enerxía en España é de 230 V 50 Hz con enchufes tipo F de dúas caravillas cilíndricas.