Os que embarcan a bordo do Transcantábrico Gran Lujo realizan unha travesía no tempo ata os anos vinte do século pasado, cando circularon por primeira vez os históricos coches Pullman que hoxe son os seus salóns. Xunto coas suites, forman un auténtico hotel de cinco estrelas sobre raíis, con atencións e comodidades que satisfán as expectativas máis esixentes.
Todo o tren, tanto cuartos coma zonas comúns, está conectado interiormente permitindo o libre tránsito dos viaxeiros.
Espazosas suites decoradas en madeira, distribuídas en salón, cuarto e baño privado e adornadas con detalles exclusivos.
O seu amplo espazo permite gozar dunha cómoda cama de matrimonio (1,50 m x 2,00 m) ou camas xemelgas individuais (0,80 m x 2,00 m), armario roupeiro, maleteiro, escritorio, caixa forte e minibar, así como do confort máis avanzado con pantallas led, sintonizador musical, climatización regulable, ordenador multimedia con conexión gratuíta á internet e teléfono interior.
Dispoñen ademais dun salón, cun sofá que se converte en cama, grandes ventás e cuarto de baño propio, espazoso e cómodo, con ducha de hidromasaxe/sauna de vapor, secador de pelo e un variado conxunto de artigos de benvida de primeira categoría.
Os salóns do Transcantábrico Gran Lujo son coches Pullman orixinais de 1923, auténticas xoias do patrimonio histórico-ferroviario, especialmente decorados e ambientados para este tren, incluíndo un salón acristalado-panorámico.
Nestas zonas comúns sérvense diariamente os almorzos á carta e o xantar ou cea elaborados polo noso chef. O bar permanece aberto desde primeira hora da mañá ata a madrugada e hai un servizo de atención ao cliente de garda as 24 horas. O salón de té ou coche panorámico, o bar, os salóns restaurante ou o coche pub, onde cada noite se ofrecen festas, música ou actuacións en directo, completan unha gran oferta de luxo.