De orixe romana, Aix-en-Provence, sitúase en pleno corazón da Provenza. Trátase dunha colorida cidade, dotada dun clima excelente e con moito que ofrecerlle ao visitante. 

É un destino con moito ambiente e espírito xuvenil e iso reflíctese na súa animada vida nocturna. A cidade está chea de bares, restaurantes e terrazas que a dotan de vida e alegría. Que mellor que un café ao sol en boa compaña! 

A cidade invita a ser percorrida e case todo o centro histórico é peonil. As pintorescas rúas da zona vella contan con fermosos edificios do século XVII e XVIII e comercios do máis curiosos. O seu famoso Cours Mirabeu é unha das arterias principais da cidade que enlaza a zona vella co barrio Mazarin. Flanqueado por plataneiros, fontes, cafetarías, restaurantes e elegantes mansións é un dos lugares que non podes perder. 

Plans que no podes perder en Aix-en-Provence    

  • Goza da cidade da auga. Aix-en-Provence está chea de prazas e fontes, como a Fonte dos Catro Delfíns ou a Fonte da Rotonda, xa que é unha cidade que lle dá moita importancia á auga. De feito, tamén é famosa polas súas augas termais, xa populares na época romana.  
  • Seguindo as pegadas de Cézanne. Sabías que Paul Cézanne naceu en Aix-en-Provence? Foi a cidade onde viviu ata a súa morte en 1906. As paisaxes da cidade serviron de inspiración ao pintor, así como as vilas provenzais dos arredores. Poderás seguir os seus pasos por toda a cidade mentres descobres a súa obra e os segredos da súa vida. 
  • Cidade de artistas. Cézanne non foi o único artista namorado de Aix-en-Provence: Emile Zola, Guiguou, Frédéric Mistral, Blaise Cendars son só algúns exemplos doutros artistas que gozaron da cidade. Por algo o lema da cidade é «cidade de auga, cidade de arte». A súa axenda cultural ao longo do ano é tamén boa mostra diso: numerosos festivais de arte, exposicións e concertos marcan o ritmo da cidade.  
  • Enoturismo. Se es un amante do viño estás de sorte. Aix-en-Provence é famosa mundialmente polos seus viños rosados con denominación de orixe Coteaux D'Aix-en-Provence. Os seus doces tamén son famosos, destacando os «calissons dáix», unha sobremesa a base de améndoa ideal para os máis lambóns, anímaste a probalos? 

Estación de Aix-en-Provence - TGV

A estación de Aix-en-Provence TGV é unha estación ferroviaria situada na LGV Méditerranée francesa. Está situada preto da cidade de Vitrolles (7 km) e a uns 15 km ao suroeste de Aix-en-Provence.