As mellores sobremesas de Lión
 

​​​​​​Lión é un dos referentes gastronómicos de Francia grazas, en gran parte, a un dos chefs máis recoñecidos mundialmente e «pai» da «Nouvelle Cuisine», Paul Bocuse. Porén, os doces sempre son aqueles pratos que pasan a un segundo termo. É por iso que Renfe te leva a Lión, para que poidas degustar os mellores doces «in situ». Sube aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia. Achegámoste en só unhas horas, de forma cómoda e sostible. Será, sen lugar a dúbidas, unha viaxe moi «doce»!

1. Tarte à la praliné 

Esta torta de praliné é unha das especialidades da repostería lionesa. A base para a torta cóbrese cunha capa de améndoas azucradas rosas trituradas e almibre. Mestúrase con nata e métese no forno ata que a torta está triscante. Un auténtico manxar para os amantes dos pasteis. 

2. Bugnes 

Coñecidos en España como bolos de vento do Entroido, é un doce típico desta época, aínda que se poden degustar durante todo o ano. Consisten nunha masa fina parecida á dos clásicos bolos de vento aos que se lle engade un chisco de licor. Deixase repoñer a masa, fanse pequenos bolos moi finos e frítense. Unha vez fritidos bótaselles azucre por riba. Son un auténtico vicio. 

3. Choux 

Coñecidas popularmente como lionesas, non é unha sobremesa exclusiva da rexión de Lión, xa que os «choux» elabóranse en todo o territorio francés. A masa, similar á dos bolos de vento, énchense con nata, crema ou chocolate. 

4. Coussin 

Este doce típico da cidade foi creado pola chocolatería Voisin en 1960 para lembrar a procesión a Fourvière para implorar a axuda da Virxe e acabar coa epidemia de peste de 1643, onde se depositou un coxín de seda. Este bombón rectangular está elaborado con chocolate e pasta de améndoas cunha capa perfumada ao curaçao. 

Onde compralas? 

  • Clostan Traiteur: Situado en Les Halles de Paul Bocuse, esta «boutique» é un soño para os amantes dos doces. Nela poderedes mirar, comprar e degustar todas as especialidades da rexión, ademais de todo tipo de creacións pasteleiras que levaron a erixir a Clostan como mellor mestre pasteleiro do mundo no 2012. 
  • Voisin: Considerada unha das mellores chocolaterías da cidade, nelas (hainas por toda a cidade) atoparás desde o anteriormente nomeado Coussin ata calquera variedade realizada con chocolate. Os seus aparadores son un espectáculo. 
  • Café Mokxa: Situado no barrio dos creadores a carón da Croix-Rousse, esta cafetaría-boutique está especializada en café, elaborado e producido por eles mesmos e no que o poderás degustar xunto con un dos clásicos doces da cidade. 
  • Boulangerie Jocteur: Situada en Illa Barbe e en Les Halles de Paul Bocuse, nesta panadaría-pastelaría atoparás todas as variedades de pans franceses (hai que dicir que o pan en Francia é sagrado) e repostería, desde pasteis ata bolos selectos. 

Viaxa a Lión en tren

Se de regreso a casa aínda salivas coa degustación de doces de Lión, pensa en volver repetilo en calquera dos destinos que Renfe ten para ti. Podes visitar moitas outras cidades francesas conectadas polos nosos trens de alta velocidade entre España e Francia. Co AVE Internacional viaxas sempre de centro a centro da cidade. Verdade que xa tes ganas de subir ao tren? Non esquezas que é a maneira máis cómoda, rápida e sostible de viaxar. Ademais, benefíciate dos nosos descontos e obtén o mellor prezo.

Gustáronche as nosas propostas? Pois espera que aínda hai máis! Descubre a gastronomía de Lión con Renfe.