Ruta España Verde: Bilbao – Santiago de Compostela (6 días – 5 noites)

Datas de saída desde Bilbao, tempada 2023:

  • Maio: 27
  • Xuño: 10 e 24
  • Xullo: 8 e 22
  • Setembro: 16 e 30
  • Outubro: 14

 

Primeiro día, sábado: Bilbao – Santander

Recepción na estación de Bilbao – Concordia ás 10:00 h a bordo do tren, presentación da tripulación e acomodo. Panorámica da cidade e visita do Museo Guggenheim. Comida a bordo mentres o tren parte rumbo a Santander. Pola tarde, visita da cidade, tempo libre e cea nun dos restaurantes da cidade. Noite en Santander.

Segundo día, domingo: Santander – Llanes

Mentres almorzamos a bordo do tren chegaremos a Cabezón de la Sal, onde o noso autocar nos achegará a visitar a neocova de Altamira e a vila medieval de Santillana del Mar. Xantar en Santillana del Mar. Despois da comida, co tren entraremos en terras asturianas ata Llanes (visita). Cea a bordo e noite en Llanes.

Terceiro día, luns: Llanes – Oviedo

Despois do almorzo partiremos co noso autocar á primeira capital do Reino Astur, Cangas de Onís; a continuación, entraremos no corazón dos Picos de Europa, Santuario de Covadonga e o lago Enol. Posteriormente, regresaremos ao tren que porá rumbo a Oviedo mentres xantamos. Visita a Oviedo. Cea e noite en Oviedo.

Cuarto día, martes: Oviedo – Luarca

Despois do almorzo, visitaremos Xixón, cidade aberta ao mar e chea de dinamismo; tempo libre e xantar en Xixón. Pola tarde, co tren chegaremos a Luarca: visita, cea a bordo e noite en Luarca.

Quinto día, mércores: Luarca – Viveiro

Mentres almorzamos, chegaremos a Ribadeo, primeiro enclave galego na nosa ruta. Visita, tempo libre e comida en Ribadeo. Pola tarde, co tren chegaremos a Viveiro. Visita, cea e noite en Viveiro.

Sexto día, xoves: Viveiro – Santiago de Compostela

No noso derradeiro día, mentres almorzamos chegaremos a Ferrol, onde nos despediremos da tripulación e partiremos co noso autocar á capital galega. Santiago de Compostela. Visita e xantar no Parador dos Reis Católicos, onde nos despediremos cara ás 16:00 h.

 

Ruta España Verde: Santiago de Compostela – Bilbao (6 días – 5 noites)

Datas de saída desde Santiago de Compostela, tempada 2023:

  • Maio: 20
  • Xuño: 3 e 17
  • Xullo: 1 e 15
  • Setembro: 9 e 23
  • Outubro: 7

Primeiro día, sábado: Santiago de Compostela – Viveiro

Recepción no Parador Nacional dos Reis Católicos de Santiago de Compostela ás 10:00 h. Visita a Santiago e comida. Pola tarde, co noso autocar chegaremos a Ferrol onde nos estará agardando o noso tren. Presentación da tripulación e acomodo. Visita a Viveiro, tempo libre, cea e noite en Viveiro.

Segundo día, domingo: Viveiro – Oviedo

Mentres almorzamos a bordo do tren, este chegará a Ribadeo: visita, tempo libre e xantar en Ribadeo. Pola tarde chegaremos co tren ao primeiro enclave Asturiano, Luarca, a vila branca da costa verde. Visita. Cea a bordo e noite en Oviedo.

Terceiro día, luns: Oviedo – Llanes

Despois do almorzo, colleremos o noso autocar para visitar Xixón. Pola tarde, achegarémonos a visitar a capital do Principado: Oviedo. Visita e tempo libre. A última hora da tarde, co tren, poñeremos rumbo a Llanes. Cea a bordo e noite en Llanes.

Cuarto día, martes: Llanes – Cabezón de la Sal

Despois de almorzar, partiremos co noso autocar ao corazón dos Picos de Europa: Santuario de Covadonga, lago Enol e a primeira capital do Reino Astur, Cangas de Onís. Xantar. Pola tarde, visitaremos a vila de Llanes, para partir posteriormente cara a terras cántabras: cea a bordo e noite en Cabezón de la Sal.

Quinto día, mércores: Cabezón de la Sal – Santander

Despois do almorzo, achegarémonos a visitar a neocova de Altamira e a vila medieval de Santillana del Mar. Despois do xantar, chegaremos co tren a Santander. Visita, tempo libre e cea nun típico restaurante. Noite en Santander.

Sexto día, xoves: Santander – Bilbao

Durante o almorzo, o tren avanzará ata terras vascas, chegando á capital biscaíña, Bilbao. Visita e xantar. Despois do xantar, dirixirémonos novamente á estación de La Concordia, onde finalizará a viaxe arredor das 16:00 h.