• Aloxamento en Suite Gran Lujo a bordo do tren
  • Copa e aperitivo de benvida
  • Servizo da tripulación para recoller a equipaxe
  • Neceser con produtos de aseo e zapatillas
  • Todas as bebidas non alcohólicas da suite de balde
  • Todos os almorzos, con pratos á carta e produtos en buffet
  • Todas as ceas e xantares, da máis selecta gastronomía, a bordo do tren ou en restaurantes de primeira categoría (incluído viño, auga, refrescos e café)
  • Actividades a bordo: música e actuacións en directo, festas no coche pub, baile e moito máis
  • Entradas a museos, monumentos e espectáculos
  • Excursións e visitas programadas
  • Cea – festa de fin de viaxe


A viaxe tamén inclúe un autobús de luxo, que acompaña o tren durante todo o percorrido, para facilitar os desprazamentos nalgunhas visitas e excursións. Cada día, terás ao teu dispor os principais periódicos e revistas do mercado. O noso guía multilingüe converterase nun compañeiro inseparable durante toda a viaxe, xunto co resto do equipo (xefe de expedición, guía, camareiros, cociñeiros e persoal técnico).

Polas noites, podes descansar tranquilo. O tren permanece estacionado ata a primeira hora da mañá, para facilitar o descanso. Ademais, as estacións de parada estarán abertas e contan con servizo de seguridade.

Queremos que goces da túa viaxe desde antes de comezar. Por iso, como cortesía, ofrecemos gratuitamente os desprazamentos en trens regulares de Renfe, un ata o punto de inicio do itinerario turístico e outro de volta desde o punto final da viaxe turística.

Ademais, poderá facer uso das Salas Club das estacións, tanto na viaxe de achegamento de ida coma na de volta.

Outros servizos dispoñibles no tren a conta do cliente son: lavandaría e servizo de bar.