Deveces por construír novas lembranzas e fabulosas experiencias por Europa? Faino do xeito máis sostible: en tren. Os nosos pases internacionais son un xeito divertido e único de percorrer Europa. As distintas modalidades axústanse ao que necesitas. Son flexibles e permítenche decidir os días que queres dedicar á túa viaxe e os países que queres visitar.
Interrail é un pase persoal e intransferible, que pode ser adquirido e utilizado por persoas residentes na maioría dos países europeos. Permíteche descubrir máis de 40 000 destinos en 33 países europeos, viaxando en tren, en primeira ou segunda clase, ou en barco (entre Italia e Grecia).
Non existe límite de idade para viaxar cun pase Interrail. Ademais do pase de adultos, pódense adquirir os seguintes:
Existen dous tipos de pases: Interrail Global Pass, que che permite moverte por varios países, e Interrail One Country Pass, se prefires centrar a túa viaxe nun único país.
Para completar a túa viaxe, diversas compañías marítimas e outras empresas ofrecen descontos e condicións especiais aos portadores dun pase Interrail.
Consulta toda a información sobre descontos, países, compañías ferroviarias e reservas na aplicación Rail Planner ou en www.interrail.eu.
Descubre tantos destinos como queiras co Interrail Global Pass. Podes escoller entre dúas modalidades:
O teu Interrail Global Pass permíteche realizar dúas viaxes no teu país de residencia, para facilitarche o inicio e final da túa viaxe por Europa: unha viaxe de ida desde o teu lugar de residencia ata a fronteira, porto ou aeroporto de saída e unha viaxe de volta desde a fronteira, porto ou aeroporto de chegada ao teu lugar de residencia.
Prefires escoller un único país europeo e percorrelo a fondo? Conecta con cada recuncho da súa xeografía, cultura e gastronomía co Interrail One Country Pass. Podes escoller o número de días que queres dedicar á túa viaxe: desde 3 ata 8 días. A validez do pase é dun mes.
Ten en conta que non poderás usar o Interrail One Country Pass no teu país de residencia.