De orixe romana, Aix-en-Provence, sitúase en pleno corazón da Provenza. Trátase dunha colorida cidade, dotada dun clima excelente e con moito que ofrecerlle ao visitante.
É un destino con moito ambiente e espírito xuvenil e iso reflíctese na súa animada vida nocturna. A cidade está chea de bares, restaurantes e terrazas que a dotan de vida e alegría. Que mellor que un café ao sol en boa compaña!
A cidade invita a ser percorrida e case todo o centro histórico é peonil. As pintorescas rúas da zona vella contan con fermosos edificios do século XVII e XVIII e comercios do máis curiosos. O seu famoso Cours Mirabeu é unha das arterias principais da cidade que enlaza a zona vella co barrio Mazarin. Flanqueado por plataneiros, fontes, cafetarías, restaurantes e elegantes mansións é un dos lugares que non podes perder.
A estación de Aix-en-Provence TGV é unha estación ferroviaria situada na LGV Méditerranée francesa. Está situada preto da cidade de Vitrolles (7 km) e a uns 15 km ao suroeste de Aix-en-Provence.