Aviñón (Avignon en francés) é unha cidade e comuna francesa na ribeira do Ródano dentro da rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul.
A cidade é coñecida en Francia polo seu Festival de Teatro de Aviñón. Fundado en 1947 por Jean Vilar e celebrado cada xullo, considérase o festival de teatro máis antigo e célebre de Francia. Os espazos nos que se representan as obras multiplícanse pola cidade cada ano chegando ás aforas de Aviñón.
Descubre todos os tesouros que agacha o patrimonio de Aviñón protexidos pola Unesco. Podes facelo cunha visita guiada, das moitas que organiza a súa Oficina de Turismo, ou libremente e ao teu ritmo. Sexa cal sexa a forma que elixas, Avión non te decepcionará.
Que ver en Aviñón?
Recomendámosche estes lugares imprescindibles:
- Palacio dos Papas (Le Palais des Papes). É un palacio fortaleza de estilo gótico construído no século XIV (1334 e 1363) que foi a residencia dos sete papas durante o Papado de Aviñón. Esta residencia é un dos maiores edificios góticos formado por dous palacios: o Palais Vieux e o Palais Neuf. Poderás visitar desde as alcobas privadas dos papas ata os claustros e capelas.
- Catedral Notre-Dame des Doms d'Avignon. Catedral románica provenzal do século XII caracterizada polo remate da estatua dourada da virxe coroando a torre do campanario.
- Ponte de Saint-Bénezet. Tamén coñecida como a Ponte de Aviñón. Unha ponte de catro arcos do século XII que cruza o Ródano. Actualmente queda na metade do percorrido do río, pero antigamente servía para cruzar ata Villeneuve-lès-Avignon.
- O Jardin de Doms. O xardín de estilo inglés está situado sobre o outeiro de Rocher des Doms. Refuxio natural perfecto para gozar en verán e admirar a paisaxe ofrecida polo río Ródano e os seus arredores.
Estación de Aviñón-TGV
A estación de tren Avignon-TGV é un nó da rede de transportes francesa que permite aos viaxeiros dirixirse á rexión arredor de Aviñón (Vaucluse, Provenza-Alpes-Costa Azul). Este lugar permite conectar facilmente con outros transportes por estrada, se é preciso.