O paraíso dos Gourmands: Les Halles de Paul Bocuse
 

A bela cidade de Lión é famosa por moitas cousas: un pasado histórico Patrimonio da Humanidade, unha arquitectura abraiante e, sobre todo, unha gastronomía que é referente mundial grazas a un dos chefs máis prestixiosos do mundo, o célebre Paul Bocuse. Renfe achégate ao Lión máis gastronómico cos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia.

Un mercado con historia

Situado a uns 5 minutos da estación central de Part Dieu, atopámonos con Les Halles de Paul Bocuse, un auténtico pracer para os amantes da cociña. As orixes deste mercado remóntanse ao ano 1859 cando se construíu un mercado cuberto, onde os agricultores e gandeiros da zona puidesen vender os seus produtos cunha maior comodidade. O lugar escollido foi o que durante séculos servira como zona para o intercambio de produtos cos habitantes da cidade. Porén, ao longo dos anos, o mercado foi perdendo actualidade por varios motivos como a falta de espazo para os vendedores e, sobre todo, unhas condicións hixiénicas deficientes para a época.  

O nacemento de Les Halles

Deste xeito, decidiuse demoler o antigo mercado de abastos e empezar a construír o actual mercado que foi inaugurado en xaneiro de 1971. Aínda que foi creado como mercado tradicional, non foi ata o 2006 cando adquiriu o rol actual grazas ao chef fetiche francés Paul Bocuse.

Un xenio entre fogóns

Paul Bocuse é un dos «pais» da Nouvelle Cuisine e todo un referente en Francia. En 1961 foi elixido mellor cociñeiro de Francia e conseguiu a súa primeira estrela Michelin. Nos anos posteriores o alcance da súa cociña chegou a niveis nunca vistos e conseguiu non só as 3 estrelas Michelin no seu restaurante senón todos os galardóns posibles, converténdose nun dos chef máis laureados da historia da gastronomía.

O actual mercado

A influencia de Paul Bocuse foi tan grande que, na última remodelación do mercado en 2006, cando se converteu no mercado actual, as autoridades pedíronlle a Bocuse se o mercado podía levar o seu nome, ao que accedeu sen problema. Actualmente, se ides visitar Les Halles, posiblemente atoparédelo buscando os mellores produtos para o seu restaurante ou simplemente paseando por algunha das tendas buscando as novidades.

O mercado actual consta dun edificio de 3 plantas con máis de 13.500 m2. A planta baixa é a máis concorrida, con máis de 50 establecementos como tendas de produtos gourmet, restaurantes e bares onde poder degustar produtos de gran calidade. Tamén hai un espazo destinado á celebración de congresos gastronómicos, cursos e catas de viño ou de alta cociña que están abertos ao público en xeral. Unha das características principais das tendas do mercado é que os propietarios están enriba delas e coñecen perfectamente o produto que ofrecen.   

Cando podes visitalo 

O horario de Les Halles é de martes sábado de 7:00 a 22:30 horas; os domingos e festivos, o horario de apertura é de 7:00 a 13:00 horas.​ 


Viaxa a Lión en tren

Enchóupate do mellor da cultura de Francia e do mundo a través da súa gastronomía. Nós facilitámosche o transporte de maneira cómoda, rápida e sostible, grazas aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia. Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.

Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.