Os seis pratos que tes que probar se vas a Lión

 

​​​​​​​Despois de visitar prazas, parques, museos e espectáculos, un pensa en pouco máis ca en probar bocado. A cidade francesa de Lión, ademais do seu patrimonio cultural, invítanos a gozar do mellor da súa gastronomía, en particular dos seus bouchons, termo que utilizan para denominar os seus restaurantes (aqueles que ofrecen os pratos máis típicos e imprescindibles).

Agora, con Renfe, podes acceder á que se considera a capital mundial da gastronomía en tan só unhas horas. Sube aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, e déixate levar.

A só 30 minutos a pé da estación de tren de Lyon Part-Dieu, atópanse a rúa Mercière e o barrio do Vieux Lyon, onde poderás gozar de multitude de restaurantes con terraza, dedicados ás súas especialidades. ​Moitos destes pratos lioneses teñen en común a bechamel, as patacas e os embutidos, pratos contundentes aptos para estómagos tolerantes. Aquí tes 6 exquisiteces que non podes perder: 

1. Quenelle

Está feita a base de sémola de trigo ou fariña mesturada con ovos, manteiga e leite, á cal se lle pode engadir lucio na preparación. Sérvese coa salsa «nantua» (salsa a base de cangrexo de río) ou ben cunha salsa bechamel.​ 

2. Cervelle de canuts 

Detrás deste nome agáchase unha deliciosa receita de queixo semicurado aliñado con herbas aromáticas, chalota, sal, pementa, aceite de oliva e vinagre. Ideal para sublimar un aperitivo de verán. 


3. Le gâteau de foie de volaille 

Torta salgada feita a partir de fígados de polo, con salsa de tomate, sérvese como aperitivo ou prato principal. 

4. Le saucisson lyonnais à cuire 

Salchichas acompañadas por un gratinado de patacas. Sabor sutilmente doce/salgado para unha receita clásica e deliciosa. 

5. Le tablier de sapeur 

Esta especialidade foi nomeada «mandil de bombeiro» polo seu parecido co mandil de coiro que se utiliza para protexer o uniforme dos bombeiros durante as tarefas difíciles. Detrás deste nome agáchase unha carne cocida nun caldo e a continuación adubado en viño branco. 

6. Tarte à la praline 

Deliciosa torta de améndoas recubertas de azucre de cor vermello.

Estes pratos pódense degustar acompañados dun saboroso Beaujolais, viño producido ao norte de Lión. 

Seguro que falar da expresión en termos culinarios «á lionesa», é do máis popular e ademais instaurouse en cociñas de moitos países. «À la lyonnaise» pódese aplicar a moitos pratos, estando entre os máis populares as patacas «à la lyonnaise», así como os cardos ou certas carnes e peixes… baséase en algo tan simple como acompañar o prato con cebola elaborada dunha forma específica. 

Unha vez que degustases todas estas delicias, aconsellámosche un relaxado paseo pola beira do Ródano para baixar a comida ou, se te animas, subir a pé o outeiro de Fourvière

Viaxa a Lión en tren

E se che entraron ganas de ver máis, podes visitar moitas outras cidades francesas conectadas polos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, grazas á fácil combinación dos nosos destinos, sempre de centro a centro da cidade. Verdade que xa tes ganas de subir ao tren? Non esquezas que Renfe é a maneira máis cómoda, rápida e sostible de viaxar. Ademais, benefíciate dos nosos descontos e obtén o mellor prezo.

Gustáronche as nosas propostas? Pois espera que aínda hai máis!