Os sete lugares en Lión que non atoparás nunha guía turística

 

Se aínda non coñeces Lión, invitámoste a coller un dos nosos trens AVE Francia de Alta Velocidad Internacional e descubrir o inmenso capital histórico e arquitectónico desta cidade, recoñecido como Patrimonio Mundial da Humanidade da Unesco, agora en menos de cinco horas! Viaxar en tren a Lión con Renfe supón, tamén, chegar ao centro da cidade, listos para percorrer as renacentistas rúas lionesas, as seus impresionantes prazas, palacios e monumentos clásicos.

Neste artigo saímos un pouco dos típicos percorridos turísticos e invitámoste a descubrir novas facetas da capital gastronómica de Francia. Déixate sorprender por estes sete lugares que farán da túa estadía en Lión un recordo inesquecible!  

 

1.  Rue du Premier Film

Descubre a rúa onde empezou a historia do cine. Sabías que o cine orixinouse en Lión? Os irmáns Lumière rodaron «A saída da fábrica Lumière», a primeira secuencia de cine.

Agora neste lugar, atópase tamén o Instituto Lumière onde poderás mergullarte na historia do cine ao longo dos tempos.


2. Fachadas pintadas de Lión

Anímate a buscar estas fachadas pintadas que se reparten en toda a cidade de Lión. A máis famosa, a parede dos Canuts, é un fresco de 1200 m2, a máis grande de Europa, que representa a vida cotiá dos obreiros que traballan a seda. E o fresco onde figuran os líderes que marcaron a historia da cidade como os irmáns Lumière ou tamén Paul Bocuse, famoso chef.

 

3. Pasadizo secreto no parque de La Tête d'Or

É o pulmón verde de Lión, lugar perfecto para descansar, co seu lago, o seu parque zoolóxico, o seu xardín botánico e as súas 117 hectáreas de espazos verdes. 

No lago, atópase unha pequena illa chamada Illa do Recordo na cal se erixe un memorial en honra aos militares mortos en combate durante a Primeira Guerra Mundial. Atravesa o pasadizo subterráneo e accede á illa pasando por debaixo do lago. 


4. Nas ribeiras do Ródano, vive como un lionés!

As ribeiras do Ródano son un lugar agradable, moi apreciado polos habitantes de Lión, sobre todo durante o verán. Un lugar para pasear, onde poderás tomar unha copa na ponte das gabarras amarradas aí. No perdas estes pequenos praceres que che ofrece Lión!  

 

5. Un túnel orixinal e innovador: La Croix-Rousse

Paseo moi orixinal. Imaxínate nun túnel con xogos de luces de cor en movemento e con animacións variadas ao longo do teu paseo. Abre os ollos e contempla este éxito da tecnoloxía!

6. Antiga Central de Auga da cidade 

Descubre unha marabilla subterránea nas aforas de Lión. Un lugar incrible que foi ata 1976 a Central de Auga que abastecía á cidade de Lión. 
 

7. Visita insólita da Basílica de Fourvière

Descubre os lugares agachados do edificio relixioso máis famoso de Lión. Unha visita insólita que che permitirá ver a outra cara da moeda. Acabarás o teu percorrido pola Basílica na terraza Saint Michel desde onde poderás ter a toda Lión aos teus pés.

Viaxa a Lyon en tren

Verdade que xa tes ganas de subir ao tren e viaxar a Lión? Agora podes facelo cos nosos trens AVE Francia, os trens de Alta Velocidad Internacional entre España e Francia. Non esquezas que o tren é a maneira máis cómoda, rápida e sostible de viaxar! Ademais, benefíciate dos nosos descontos e obtén o mellor prezo.

Gustáronche as nosas propostas? Pois espera que aínda hai máis! Descubre outros plans diferentes sobre que facer en Francia con Renfe.