Visitar Lión nunha fin de semana
 

​​​​​​​​​​​​​​​​​​​Buscando o plan perfecto para unha escapada de fin de semana? Tanto se te decantas polo turismo a pé de rúa coma se es máis de andar de compras, presentámosche o destino ideal: Lión. A tan só unhas horas en tren de España, podes presentarte no corazón desta ineludible cidade, capital gastronómica de Francia, cuxa zona vella está clasificada como Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco. Sube aos nosos trens AVE Francia, o AVE Internacional entre España e Francia, e déixate levar.

Que mellor que perderse entre os «trabouis», rúas e prazas que viron transcorrer máis de dous mil anos de historia? Como poderás observar, a gran cidade bimilenaria e capital da seda está arrodeada polos outeiros de Fourvière e La Croix-Rousse, na confluencia do Ródano e o Saona, cuxa dualidade se ve reflectida no trazado das súas rúas. 

A continuación, tes unha completa guía para percorrer Lión a pé de rúa en só dous días e impregnarte de toda a súa cultura e tradición.  

Como desprazarte

Antes de nada, suxerímosche as seguintes opcións para descubrir a cidade da maneira máis insólita:

  • Visitar a cidade co que os franceses denominan Greeter, un cidadán voluntario que che desvelará todos os segredos da cidade. 
  • Alugar un Velo'v, un servizo de bicicletas simple e práctico co que poderás visitar os distintos barrios da cidade. 
  • Comprar unha Lyon City Card de 24, 48 ou 72 h, tarxeta que che permitirá acceder de forma gratuíta a numerosos museos, exposicións e transportes colectivos, ademais de obter descontos para moitas outras actividades. Poderala adquirir no teu hotel ou ben na oficina de turismo de Lión. 

Paseando polas rúas  

Non hai mellor maneira de empezar o día que gozar dos grandes espazos da cidade: empezando polo parque da Tête d'Or co seu inmenso lago, un paseo en bicicleta polas beiras do Ródano e o circuíto das paredes pintadas bordeando o Saona. Nas beiras do río Saona, atoparaste co barrio do Vieux-Lyon, clasificado como Patrimonio Mundial da Unesco e que amosa o esplendor da localidade nos séculos XV e XVI.​   

Tamén debes admirar a Praza Bellecour, unha das máis grandes de Francia. As dúas principais rúas peonís da cidade dan a esta (Rúa Republique e Victor Hugo). E non podes deixar Lión sen pasear de «traboulles» en «traboulles», pasaxes características da cidade (especialmente dos barrios Saint-Jean e La Croix-Rousse) que che permiten pasar dunha rúa a outra paralela de maneira máis rápida e sen saír do edificio. 

Museos

Se che apetece un plan máis tranquilo, podes visitar os mellores museos da cidade coa Lyon City Card, como o Museo dos Irmáns Lumière, o Museo de Arte, e o Museo de Monicreques entre outros. En particular, recomendámosche o Museo da Civilización Galorromana e o Teatro Antigo, lugar onde ten lugar o célebre festival das Noites de Fourvière. 

Cruzando o río Saona, a península alberga o Museo de Belas Artes, segundo museo de Francia despois do Louvre. No Museo dos Tecidos e das Artes Decorativas amósase a industria da seda en Lión, capital da seda desde o século XVI. 

De compras   

Facer compras en Lión é un pracer fácil de cumprir que forma parte da arte de vivir da cidade. No Carré d'Or, entre a Praza Bellecour e a de Cordeliers, barrio agradable para percorrer a pé, hai máis de 70 establecementos que ofrecen grandes marcas. Na Pasaje d’Argue, construída no século XIX, entre as rúas da Republique e Edouard Herriot, hai numerosos comercios de todo tipo. 

Pola noite 

Ir ao outeiro de Fourvière e gozar dunha vista panorámica de Lión ou ben admirar a cidade durante un cruceiro nocturno polos ríos Ródano e Saona.​ 

Que comer   

En canto a gastronomía, ten infinitas opcións para deleitar o teu padal: agasallándose cunha boa comida nun «bouchon», restaurante típico de Lión, ou coñecendo as especialidades locais no mercado Les Halles - Paul Bocuse, como tamén visitando os famosos viñedos: Beaujolais, Côtes Rôties e Côtes du Rhône.  

Sexa cal sexa o teu estilo, recomendámosche facer unha visita a Lión, unha cidade sen precedentes onde atoparás unha das ofertas culturais máis amplas de toda Europa e un gran ambiente festivo en calquera época do ano, desde o Festival das Luces en decembro ata a Bienal de Danza e Arte Contemporánea Internacional. 

Viaxa a Lión en tren

Enchóupate do mellor da cultura de Francia e do mundo a través dos seus museos. Nós facilitámosche o transporte de maneira cómoda, rápida e sostible, grazas aos nosos trens Alta Velocidad Internacional entre España e Francia.

Cal será a túa próxima visita cultural? Ti elixe como queres a viaxe, nós poñemos os destinos e o transporte.  Coñeces os nosos descontos? Aprovéitaos e obtén o mellor prezo no teu billete de tren.