Capital da rexión Ródano-Alpes, grazas ao seu dinamismo económico é a terceira cidade de Francia. Bañada polo Ródano e o Saona.
Cunha gran vida cultural, tamén é coñecida pola súa gastronomía e os seus viños, que se poden degustar en innumerables restaurantes e tabernas situadas nos seus típicos corredores (traboules), peiraos, estreitas rúas ou grandes prazas.
Descubre todos os tesouros que o patrimonio de Lión agocha. Podes facelo cunha visita guiada, das moitas que organiza a súa Oficina de Turismo, ou libremente e ao teu ritmo. Sexa cal sexa a forma que elixas, Lión non te decepcionará.