Eurail é un pase persoal e intransferible, que pode ser adquirido e utilizado por persoas con residencia permanente fóra de Europa, a Federación Rusa ou Turquía. Permíteche descubrir máis de 40 000 destinos en 33 países europeos, viaxando en tren ou en ferri.
Non existe límite de idade para viaxar cun pase Eurail. Ademais do pase de adultos, pódense adquirir os seguintes:
Existen dous tipos de pase:
Para completar a túa viaxe, diversas compañías marítimas e outras empresas ofrecen descontos e condicións especiais aos portadores dun pase Eurail.
O pase Eurail véndese fóra de Europa, a través de varios distribuidores autorizados. Para resolver calquera problema que poidas ter co teu pase, hai oficinas de asistencia Eurail nas principais cidades europeas (en España, nas estacións de Barcelona Sants, Barcelona França, Madrid Chamartín - Clara Campoamor, Sevilla Santa Justa e Valencia Joaquín Sorolla).
Consulta toda a información sobre descontos, países, compañías ferroviarias e reservas na aplicación Rail Planner ou en www.eurail.com.
Rail Planner é unha aplicación gratuíta que che permite planificar comodamente a túa viaxe por Europa. Ofréceche información sobre horarios, estacións, reservas e ofertas especiais de entidades colaboradoras.